O Concello de Foz presenta o Arao Festival, que se celebrará o 7 de agosto co arxentino Lauta como cabeza de cartel

O Concello de Foz presenta o Arao Festival, que se celebrará o día 7 de agosto, venres, na explanada do peirao. O cabeza de cartel é o arxentino Lauta.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “o San Lourenzo inclúe moitas actividades na súa programación, e para complementalas volven os concertos. No Arao Festival haberá concertos de artistas emerxentes galegos e internacionais que veñen complementar a programación dun San Lourenzo cargado de actividades diversas e para tod@s. O festival, que será na explanada do peirao o venres 7 a partir das 23.00 horas, ten no seu cartel a grupos galegos consolidados como Monolious Dop e emerxentes coma Tapa d’Orella e Xmaseda e internacionais en auxe coma Lauta, así coma os djs Litainer e Eventec”.

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, destaca: “buscamos que os máis novos tamén teñan o seu espazo e temos a sorte de que un artista internacional coma Lauta inclúa a Foz na súa xira. Isto é posible polo traballo de moitos. Creo que o festival presenta un cartel moi completo para que todos desfrutemos”.