O Concello de Mondoñedo celebrará este ano o Atípico Entroido 2021. Trátase dun concurso de fotografías dixitais que poderán presentarse ata o 20 de febreiro.

Por motivos de seguridade sanitaria o Concello de Mondoñedo non celebrará este ano o desfile de Entroido, como habitualmente acostuman a facer, pero para non deixar pasar estas datas de festexo e tradición sen realizar ningunha actividade organizarase o Atípico Entroido 2021 como concurso de disfraces de forma totalmente dixital para seguir poñendo en valor estas datas.

BASES:
1ª Obxecto
O concurso está formulado para poñer en valor e manter a tradición do Entroido, así como festexar estas datas importantes para o noso municipio.
2ª Participantes.
O concurso está aberto a todas as persoas físicas que desexen participar, diferenciando as seguintes categorías:
• Individual infantil e adulto
• Parellas convivintes infantil e adulto
• Grupos convivintes infantil e adulto
3ª Como participar
Todos os participantes deberán enviar a súa fotografía caracterizados coa temática do disfrace elixido.
4ª Presentación de fotografías.
As fotos deberán enviarse ao e-mail: entroidomindoniense@gmail.com edeberase indicar no asunto: "Atípico Entroido 2021 en Mondoñedo"
Xunto co envío da fotografía, deberán especificar os seguintes datos:
• Nomee apelidos do participante (titor/a ou representante legal se é menor de 18anos), representante da parella ou representante do grupo.
• Idade do participante ou participantes
• Nome do dIsfrace
• Teléfono de contacto
* Nos grupos intanfís, máis da metade dos seus componentes deberán ser menores de 12 anos de idade, este inclusive, podendo estar acompañados de varios maiores disfrazados.
* En caso de que non se adxunten todos os datos requiridos, poderá procederse á anulación da participación.
* Quedarán fora de concurso todas aquelas participacións que non cumpran coas medidas de prevención sanitarias vixentes.
5ª Prazo de presentación
O prazo de presentación de fotos comeza coa publicación destas bases na web e nas redes sociais do Concello de Mondoñedo e remata o día 20 de febreiro do 2021.
6ª O Xurado
O xurado estará integrado por 5 membros, representantes de asociacións do eido local que valorarán diferentes aspectos da foto: orixinalidade, sustentabilidade do medio ambiente, caracterización, etc.
7ª Resolución.
Cada un dos membros, de forma privada, outorgará notas comprendidas entre os 0 e 10 puntos a cada un dos participantes. Posteriormente, reuniranse as notas dos 10membros do xurado e procederase á suma de puntos por parte de un técnico do Concello de Mondoñedo.
Tras diso, comunicarase o fallo do concurso aos gañadores do mesmo.
8ª Premio
Establécense os seguintes premios:
Haberá diferentes premios por cada categoría, que oscilarán entre os 10 euros do terceiro premios da individual infantil e os 100 euros do primeiro premio de adultos e grupo de convivintes. 
9 ª Publicación de fotografías
A participación no concurso con leva a autorización expresa da difusión das imaxes e/ou fotografías dos premiados, aínda que sexan menores de idade, a través de prensa ou outros medios, coa sola intención de promoción do Entroido mindoniense.
Estas publicacións levaranse a cabo tras o fallo do xurado.
É imprescindible que os pais/nais ou titores legais firmen a autorización (anexo I) na que consintan a participación do menor, aceptan as bases e outorgan a súa conformidade ó exposto nas mesmas.Dita autorización, deberá axuntarse á fotografía no momento do seu envío.
9. Final.
O importe dos premios enténdese íntegro e,polo tanto, suxeito a retencións a conta, derivadas da aplicación do imposto sobre as persoas físicas.
As decisións da organización son inapelables,tendo potestade para tomar calquera tipo de decisión.
A participación no concurso implica aceptar todas e cada unha das bases aquí expostas.
A resolución do xurado é inapelable.