O Concello de Ourol organiza un curso de defensa persoal feminina para o 25 de outubro

O Concello de Ourol, no marco do acordo de colaboración da Consellería de Política Social e Igualdade coa Federación Galega de Municipios e Provincias, organiza un curso de defensa persoal feminina dirixido a mulleres e mozas. Levarase a cabo o día 25 de outubro (sábado) ás 10:00 horas no Centro Social de Merille.

“A este curso poden asistir todas as mulleres maiores de 18 anos independentemente da súa condición física. Trataranse contidos tanto teóricos como prácticos que axuden non só a defenderse senón a identificar sinais de perigo e actuar de xeito preventivo para lograr anticiparse e evitar unha situación de risco. O curso impartirase por monitores e monitoras especialistas en defensa persoal e integrantes da Federación Galega de Loita. Para anotarte podes chamar ó Departamento de Servizos Sociais (Teléfonos 982.55.91.09 e 677.48.94.57)”, anuncia o Concello de Ourol.