O Concello de Ourol, en colaboración coa Reserva da Biosfera Terras do Miño, vai organizar un curso sobre "Os traballos de primavera para mellorar a produción nas hortas". Esta actividade vai ter lugar os días 23 e 24 de abril en horario de 16:00 a 20:00 horas no Edificio Multiusos de Ourol.
Neste curso os participantes aprenderán como mellorar diversos aspectos para aumentar a produción nas nosas hortas: limpeza da terra, regadío e utensilios agrícolas, compra de vexetais e a súa colocación na horta, coidado dos cultivos, pragas...
As inscricións pode facerse a través dos teléfonos 982.55.90.19 ou 608.694.051. O prazo remata o día 19 de abril.