O Concello de A Pontenova ofrece clases de ximnasia de mantemento para adultos os venres desde o 2 de outubro

O Concello de A Pontenova ofrece clases de ximnasia de mantemento para adultos que se desenvolverán os venres desde o día 2 de outubro ata o mes de xuño.

“Este venres, 2 de outubro, comezan as clases de ximnasia de mantemento nas distintas parroquias. Unha actividade pensada para manterse activos, mellorar a mobilidade e coidar a saúde dun xeito sinxelo e divertido”, anuncia o Concello de A Pontenova, que engade: “non é necesario anotarse. Só tes que acudir directamente no horario indicado no cartel”.

Serán todos os venres nestes horarios: en Xudán, de 16:30 a 17:30 horas; na Pontenova, de 17:40 a 18:40; en Villameá, de 18:50 a 19:50; en Rececende, de 20:00 a 21:00; e en Acebro, de 21:15 a 22:15.