O grupo de teatro do Colectivo Cultural Ollamao representa “O traballo de Andrea” nos colexios vellos de San Miguel de Reinante os días 1 e 2 de decembro

O grupo de teatro do Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, representará a obra de "O traballo de Andrea" nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante o venres 1 de decembro ás 21 horas e o sábado 2 de decembro ás 19 horas.

Ollomao explica que “as persoas que teñen entradas para as funcións desta obra que foron canceladas poderán usar as mesmas, mais agradecemos que nos fagan saber que día van acudir para organizar o aforo do local”.

O teléfono de contacto para novas reservas ou calquera outra dúbida sobre estas representacións é o 678.546.526 (Marisa).