O Mago Antón e a actriz Isabel Risco actuarán no Teatro das Cortes (O Vicedo) este sábado, 8 de novembro

O Teatro das Cortes, que está no lugar de Xestoso, en Cabanas (O Vicedo), organiza unha tarde de maxia e teatro este sábado, día 8 de novembro. As actividades comezarán ás 18:30 horas cunha actuación do Mago Antón. E ás 20:00 horas a actriz Isabel Risco presentará o espectáculo titulado Nabiza girl: o estraño caso da cultura minguante.

A entrada é de balde.