O Valadouro terá escolas deportivas municipais de atletismo e patinaxe. O prazo de inscrición remata o 25 de setembro.

O Concello do Valadouro ofrece escolas deportivas municipais para a tempada 2023-24 en dúas modalidades: patinaxe a atletismo. Son para nenos e nenas de 4º de Infantil a 4º da ESO.

As inscricións poden facerse ata o 25 de setembro na sede electrónica, nas oficinas da Casa da Cultura ou nas Oficinas da Casa do Concello do Valadouro en horario de atención ó público.