O Vicedo acollerá o 26 de xaneiro o II Torneo de Tenis de Mesa Sub-18, que organiza a Omix. A inscrición está aberta.

A OMIX do Concello de O Vicedo organiza o II Torneo de Tenis de Mesa Sub-18 que se celebrará o vindeiro sábado, 26 de xaneiro.

A competición terá lugar na Casa da Cultura, a partir das 16:30 horas.

O sistema de competición será cunha fase de grupos e fase final, polo que se garante que cada xogador disputará un mínimo de tres partidas.

Haberá premios para os tres primeiros clasificados. As inscricións poden facerse na Casa da Cultura de O Vicedo, omix@concellodovicedo.org.