Os Magos de Oriente percorrerán as rúas de Foz o 5 de xaneiro. As nenas e os nenos poderán saudalos na Sala Bahía.

Os Reis Magos xa están de camiño e chegarán a Foz o día 5 de xaneiro. 

Para que todos os nenos e nenas os poidan ver, realizarán un percorrido polas rúas da vila. 

Desde a organización subliñan que “como temos que continuar con precaución  pola covid19, os Reis viaxarán nas súas carrozas sen acompañantes e non farán a súa parada no Concello.  Pero todas as nenas e nenos poderán saudalos de forma ordenada na Sala Bahía".