
A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará unha ruta na Pontenova este sábado, día 10 de maio, e outra en Pico Pienzu (Asturias) o domingo 18 deste mes.
Para a ruta da Pontenova a saída desde Foz será ás 08:00 horas e ás 08:15 horas desde Ferreira do Valadouro. Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 25 euros para socios federados, 30 euros para socios non federados e 35 euros para socios temporais. O prazo para anotarse remata este martes, 6 de maio.
Para a ruta de Asturias a saída desde Foz será ás 06:00 horas e ás 06:15 horas desde Ferreira do Valadouro. Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 45 euros para socios federados, 50 euros para socios non federados e 55 euros para socios temporais. O prazo para anotarse remata o 12 de maio.
A inscrición nestas dúas actividades pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nestas rutas, que son de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.