Os Sendeiros, de Foz, participará na andaina solidaria de Reis en Barreiros este domingo, 4 de xaneiro, e organiza unha comida para ese día

A asociación Os Sendeiros, de Foz, participará este domingo, día 4 de xaneiro, na andaina solidaria de Reis que se celebrará en Barreiros e organiza unha comida para ese día en Reinante. A saída desde Foz será ás 09:00 horas e ás 09:15 horas desde Ferreira do Valadouro.

Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 40 euros para socios federados, 45 euros para socios non federados e 50 euros para socios temporais.

O prazo para anotarse remata este xoves, 1 de xaneiro, a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta andaina, que é de dificultade baixa, a asociación Os Sendeiros recomenda  levar equipo de sendeirismo.