
A tradición e a festa únense de novo na IX Festa da Malla da Pontenova, que se celebrará o 23 de agosto.
A xornada arrincará ás 12:00 horas co comezo da malla tradicional, unha recreación que permite revivir un dos labores máis característicos do rural galego.
Ás 13:30 horas, celebrarase a sesión vermú, amenizada por JJ Compota (ex compoñente da orquestra París de Noia) e María García Caamaño (ex vocalista da orquestra Filadelfia). Seguidamente, ás 14:30 horas, terá lugar a gran comida popular, co menú composto por empanada, xamón cocido, churrasco, chourizos criollos e roxos, bebida, sobremesa e café. O prezo para os adultos é de 20 euros e para os nenos de ata 12 anos só custará 12 euros. Os tíckets poden recollerse ata o 22 de agosto en Zapatería Orli, Librería Eugenia e Pada.
Pola tarde, a partir das 17:00 horas, continuará a malla e, entre as 20:30 e as 21:30 horas, haberá música de tardeo para acompañar o ambiente festivo.
Ás 21:30 horas celebrarase a tradicional cita cos bolos preñados, e xa ás 22:30 horas dará comezo a verbena, que contará coa actuación de DJ Bombardero, ademais de JJ Compota e María García Caamaño.
A celebración está organizada polo Concello de A Pontenova coa colaboración de Amigos da Malla, entre outros.