Teatro para bebés o 22 de decembro en Ribadeo e presentación do libro de Eva Moreda e Serxio Cobos.

Este mércores, 22 de decembro, a compañía Galitoon presenta Güela Güela. A función será no auditorio municipal Hernán Naval de Ribadeo ás 17:30 horas. O prezo da entrada é de 5 euros e de balde ata 24 meses.

Trátase do único espectáculo dunha compañía galega no Museo do Prado, baseada na obra Concerto de Aves de Frans Snyders, a solicitude do Museo Nacional do Prado para a súa representación durante os anos 2015 e 2016, no marco das actividades dirixidas ao público familiar e infantil que visita o museo.

Conta a historia de como as cegoñas sempre tiveron a misión de levar aos bebés que acaban de nacer aos brazos dos seus país e nais. Mais un día, Güilly, unha pequena cegoña, decidiu que xa era maior para levar un bebé á súa familia pero recibiu a negativa da comunidade das cegoñas porque aínda non podía seguir o seu ritmo de vo. Pero un día as cegoñas adultas esqueceron un atado cun bebé moi peculiar e comeza entón unha historia cargada de diversión e música que realza a importancia de voar sempre en grupo para protexernos dos perigos que nos podemos atopar.

Tamén este mércores, 22 de decembro, ás 19:30 horas, na sala de conferencias da Casa do Viejo Pancho, terá lugar a presentación da obra da escritora Eva Moreda e o músico Serxio Cobos. O infinito no pé. Ribeirana. O acto, organizado pola asociación cultural Francisco Lanza, contará ademais coa presenza de Ugia Pedreira.