Trabada acolle este sábado, 7 de febreiro, a representación da obra teatral “Activ@s” , da compañía Lume Escénico, de A Pontenova

A compañía teatral Lume Escénico, de A Pontenova, representará a obra titulada Activ@s na Casa da Cultura de Trabada. Será este sábado, día 7 de febreiro, ás 21:00 horas.

Está organizada polo Concello de Trabada, que anuncia: “temos unha nova cita teatral coa representación da obra Activ@s, da compañía Lume Escénico. Unha proposta chea de humor e reflexión. Convidamos á veciñanza a asistir e seguir desfrutando da programación cultural municipal”.