Villaeimil (A Pontenova) celebra as festas de San Miguel do 26 ao 28 de setembro

Villaemil, no municipio da Pontenova, celebra as festas na honra a San Miguel esta fin de semana, desde o venres 26 ata o domingo 28 de setembro.

As actividades comezarán o venres con verbena amenizada polo dúo Belinda e o DJ Pedro Bermúdez.

O sábado a partir das 14:00 horas haberá sesión vermú co grupo Alma Latina, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo Acheriza2.

E o domingo ás 14:00 horas celebrarase misa solemne e despois haberá sesión vermú amenizada polo dúo Acheriza2.