A XI Carreira Monte Comado disputarase este domingo, 20 de xullo, en Barreiros

A undécima edición da carreira 1/2 km vertical Monte Comado disputarase en Barreiros este domingo, día 20 de xullo, e foi presentada este mércores por membros da asociación Praias de Comado, xunto a Ana Ermida, alcaldesa de Barreiros; Daniel García, concelleiro de Dinamización e deputado provincial; e Manuel Otero (Cadramón), xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta en Lugo.

A carreira, organizada conxuntamente por Praias de Comado e o Concello de Barreiros, está incluída no circuíto +kmBarreiros, promovido polo Concello para promocionar todas as carreiras que se realizan no termo municipal e é a terceira proba desta edición. Ademais da absoluta tamén se disputarán carreiras infantís. Colaboran no evento a Área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia.

A saída da carreira vertical será ás 11.30 horas, desde a praia de Arealonga e a meta estará no cumio do monte Comado. En pouco máis de 3,5 quilómetros de distancia os participantes gañarán una altura de case 500 metros sobre o nivel do mar, o que a converte nunha proba especial e diferente. As probas infantís terán lugar no cumio do monte Comado, ás 11.00 horas.

O Concello de Barreiros anuncia que “o prazo para anotarse remata este xoves, podendo realizarse a través da páxina web do circuíto (https://maiskmsbarreiros.gal/) da propia carreira (https://mediokmverticalmontecomado.jimdofree.com/) ou desde Championchipnorte”.