Xudán (A Pontenova) celebra as festas da Magdalena do 18 ao 20 de xullo

A parroquia de Xudán, no concello da Pontenova, celebrará as festas na honra a Santa María Magdalena esta fin de semana, desde o venres 18 ata o domingo 20 de xullo.

As actividades comezarán o venres 18 a partir das 22:00 horas cunha churrascada popular e seguidamente haberá verbena a cargo do dúo Dilema e DJ Bombardero.

O sábado ás 13:30 horas celebrarase misa solemne e despois procesión e sesión vermú co trío Karma, que tamén actuará  na verbena.

E o domingo ás 14:00 horas haberá misa solemne, procesión e sesión vermú amenizada polo grupo de música tradicional A Chocolateira, da Pontenova.