A XXVIII Festa da Tortilla de Celeiro de Mariñaos (Barreiros) celébrase os días 16 e 17 de agosto

A parroquia de Celeiro de Mariñaos (Barreiros) prepárase para acoller unha das súas citas máis emblemáticas: a XXVIII Festa da Tortilla, que terá lugar a fin de semana do 16 e 17 de agosto, sábado e domingo.

O sábado 16 arrancará de 11:30 a 13:30 horas coa presentación das tortillas a concurso no campo da festa (todos os participantes recibirán un agasallo ao entregala). Ás 13:30 horas celebrarase a misa na capela e a procesión, seguida dunha gran sesión vermú co Grupo de Gaitas Saíñas de Xove e Toxo Guayaba, que ofrece música cubana con alma galega. Tamén se poderá degustar a ampla variedade de tortillas do concurso.

Pola tarde, ás 19:00 horas, será a quenda de Peter Punk co seu espectáculo Chungo que te cagas. Ás 20:00 horas desenvolveranse xogos tradicionais e a partir das 22:00 horas a verbena correrá a cargo do grupo Deluxe Música, acompañada do tradicional Baile do Farolillo, a entrega de premios do concurso e unha chocolatada para pechar a noite.

O domingo 17 ás  13:30 horas celebrarase a sesión vermú co Dúo Sonidos, con xamón cocido e cunca de caldo para os asistentes. Ás 17:30 horas terá lugar o concurso Máster Tortilla e ás 18:00 horas a entrega de premios poñerá o punto final á festa.

Este evento está organizado pola Irmandade San Caetano coa colaboración da Deputación de Lugo, o Concello de Barreiros, Gadis e Cenor. É a oportunidade perfecta para gozar da tortilla con música e boa compañía.