Acisa
Acisa Ribadeo realizou máis de 35 actividades de dinamización comercial e hostaleira durante 2018, ademais de colaborar en 15 eventos culturais, deportivos e turísticos, entre outros. Tamén repartiu máis de 8.500 euros en vales de compra. Acisa fai un balance positivo do ano que remata e no que conta con máis de 160 asociados, aumentando deste xeito a cifra de 2017 en 15 socios máis nas mesmas datas.
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, lembrou que “se levaron a cabo dúas importantes campañas publicitarias que tiñan como obxectivo dar a coñecer Ribadeo e o seu atractivo comercial, hostaleiro e turístico. Ademais tamén se realizaron campañas de dinamización comercial e hostaleira coa festa do comercio, San Valentín, os días do Pai e da Nai ou a campaña de fidelidade. Estamos moi satisfeitos coas novas actividades que se levaron a cabo...
leer másPapá Noel visitará Ribadeo o vindeiro domingo, 23 de decembro. Estará pola mañá e pola tarde nas inmediacións do Teatro. Acisa anima ás nenas e nenos a achegarse a velo.
Os nenos e nenas que queiran estar con Papá Noel, facer fotos, conversar, etc… poderán facelo o 23 de decembro no Teatro en horario de 12 a 14 horas e de 17 a 20 horas. Acisa convida a todos os nenos e nenas de Ribadeo e doutros puntos da contorna “a achegarse a esta vila durante o Nadal porque van gozar coa presenza de Papá Noel e do carteiro real, que están desexando poder saudar e abrazar aos máis pequenos e pequenas da casa”.
Ademais Acisa Ribadeo convoca o concurso Queridos Reis Magos no que poderán participar todos os nenos e nenas con idades de 0 ata 12 anos. Desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos animan aos...
leer másAs instalacións de Acisa acolleron esta mañá a presentación do viño oficial do Ribadeo FC. Poñeranse á venda un total de 3.000 botellas de albariño, rioja e vermú, que se presentan en caixas de seis. Os tres packs saen por 60 euros e de cada botella vendida 50 céntimos serán para o Ribadeo FC. Os viños e o vermú tamén chegarán aos locais hostaleiros asociados a Acisa. O obxectivo é facer unha campaña de apoio ao Ribadeo FC que sexa orixinal. Na presentación estiveron José Antonio Veiga, xerente de Discosta Norte; Ana Vázquez, presidenta do club ribadense; Jesús Pérez, xerente de Acisa, e Ramón Loredo, membro da directiva do colectivo empresarial ribadense.
José Antonio Veiga, de Discosta Norte, explicou que “se trata dun albariño e dun rioja colleiteiros e dun vermú, que é a primeira vez que a bodega envasa un vermú e esperemos que sexa o...
leer másMañá, venres, pola noite Acisa en colaboración coa Xunta de Galicia organiza un espectáculo en Rinlo “co fin de dinamizar algunhas parroquias tan importantes coma esta, que conta cuns establecementos hostaleiros e gastronómicos de grande categoría como son A Cofradía, El Portillo, A Mirandilla ou Porto de Rinlo”, sinala o presidente de Acisa, Francisco Iriarte.
A partires das 22:30 horas na praza de San Catalina haberá un espectáculo musical e visual a cargo de Queiman e Pousa. Os que se acheguen ata Rinlo gozarán dunha noite máxica e sorprendente, na que se exaltará a súa gastronomía, a paisaxe e a tradición.
Iriarte anima “a todo o mundo a asistir a este espectáculo e a non perder a oportunidade de consumir e cear nos catro establecementos asociados a Acisa cos que contamos en Rinlo”.
E engade: “desde...
leer másAcisa Ribadeo agradece a implicación á Xunta de Galicia coas súas actividades. Ademais das bolsas de papel gratuítas coas que contarán os socios e socias de Acisa, tras o acordo acadado coa administración galega hai uns días, o 29 de xuño terá lugar un espectáculo entorno a unha queimada tradicional en Rinlo e o 9 de agosto Os Bolechas estarán en Ribadeo coincidindo coa Noite Flúor.
Esta mañá tivo lugar unha xuntanza de traballo en Ribadeo entre a Xunta e Acisa. O presidente do colectivo empresarial, Paco Iriarte, valorou de xeito moi positivo “que a Xunta colabore con nós ao marxe da axuda anual que nos concede por ser Centro Comercial Aberto” e subliñou que “van ser tres as iniciativas inmediatas que van ter lugar. A primeira, e debido á nova normativa que prohibe o emprego de bolsas de plástico a partires do vindeiro mes de xullo, a...
leer másPreto dun cento de persoas asistirán este venres, día 16, á VII Gala de Acisa, que se celebrará a partir das 21:30 horas no Parador de Turismo de Ribadeo.
Neste evento serán premiados os propietarios de O Bodegón, Florentino Martínez Peláez e Mercedes García López, que recibirán o recoñecemento a toda unha carreira empresarial. O premio como socio honorífico recibirano José Luis Méndez Morán e América López Oliveros, fundadores de Ferraxería Morán. E o galardón como socio do ano será para José Ramón Leal Segura, propietario de Galería Terra Branca.
Ao acto confirmaron xa a súa asistencia o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, e a concelleira de Turismo e Comercio, Ana Martínez....
leer másACISA Ribadeo continúa coa organización da súa VII Gala, que se celebrará o 16 de marzo. O evento será conducido polo monologuista Javi González. O prazo para a retirada das tarxetas remata o día 15.
ACISA Ribadeo recomenda a aquelas persoas que estean interesadas en asistir a esta gala que fagan a súa reserva o antes posible para unha mellor organización do evento. As reservas e compra de tarxetas poden realizarse nas oficinas de ACISA Ribadeo, na Avenida de Galicia, 20-2ª planta, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas de luns a venres, a través do e-mail info@acisaribadeo.es, no WhatsApp no 663 39 62 26 ou no Parador de Turismo de Ribadeo.
O xerente de ACISA Ribadeo, Jesús Pérez, quere “animar a todos os socios a asistir, xa que esta gala tamén...
leer másAcisa Ribadeo hace balance de la actividad realizada durante todo este año 2017 en la que destaca la organización de 25 campañas de dinamización comercial y hostelera, además de diversas acciones formativas y de información. El gerente de la asociación, Jesús Pérez, subraya la colaboración de la entidad con muchos de los eventos celebrados en Ribadeo a lo largo del año, y anuncia que en la próxima campaña de Navidad habrá novedades.
El gerente de la Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios y Autónomos de Ribadeo, Jesús Pérez, repasa el año que finaliza en menos de dos meses, resaltando que “a finales de año habremos realizado más de 25 campañas de dinamización comercial y hostelera, 1 conferencia con un prestigioso médico nutricionista reconocido mundialmente en el ámbito de la dietética y la nutrición deportiva, el doctor Jesús...
leer másCo sorteo que terá lugar o vindeiro sábado, 15 de xullo, no parque de San Francisco rematará a campaña de fidelización que Acisa veu desenvolvendo desde o pasado mes de maio. En total repartiranse 1.000 euros en vales de compra.
Os clientes do comercio e da hostalaría asociados están a recibir durante estas semanas por cada compra ou consumición unhas tarxetas seladas, que deben cubrir cos seus datos, e gardalas para acudir o día 15 de xullo ao sorteo presencial que terá lugar no parque de San Francisco. En xogo poranse 1.000 euros en vales de compra repartidos en 4 premios: un de 500 euros, un de 200 euros e dous de 150 euros cada un.
O broche de ouro desta campaña de fidelización será este sábado, 15 de xullo. Ese día instalarase unha carpa no parque de San Francisco, onde se situará unha urna a partir das...
leer más