Ribadeo
Ribadeo acolle a celebración dunha charla informativa sobre a tenza responsable de animais domésticos. Terá lugar o vindeiro xoves, día 24, no auditorio municipal Hernán Naval, ás 19:30 horas.
A charla será impartida por Virginia Torrecillas, educadora canina, e Irene Torres, avogada especialista en dereito animal, que falarán sobre as obrigas dos propietari@s de animais domésticos para evitar as sancións previstas polo incumprimento da lei. A entrada é libre e gratuíta.
Estas xornadas están organizadas pola Deputación de Lugo, Os Arcares Lucenses e a Reserva da Biosfera Terras do Miño e colaboran o SEPRONA, a Policía Autonómica e a Policía Local.
A mesma charla terá lugar en Viveiro o mesmo 24 de maio ás 16:30 horas na sala de exposicións / biblioteca municipal.
O grupo tradicional Marbadás, pertencente á Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo e formado por preto de trinta persoas, actuará este vindeiro sábado, 19 de maio, na localidade berciana de Ponferrada.
Esta agrupación, de recente creación, participará na Gandaina Urbana, organizada pola Asociación Cultural Abelladeira. Ao longo da mañá desfilarán polas rúas do casco antigo de Ponferrada e xa na tarde actuarán na Praza do Concello xunto á Banda de Gaitas anfitrioa.
Unha vez rematada esta parte do evento, dará comezo o Baile do Candil, no que diferentes agrupacións realizarán pequenas intervencións para amenizar o baile. Nesta ocasión o tamén grupo ribadense Illa Pancha será o encargado de representar á nosa vila.
En Cine Ribadeo se estrenan "Deadpool 2" y "Verdad o reto". Continúa en cartelera "Sherlock Gnomes".
CARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 23 DE MAYO
JUEVES 17
-“Sherlock Gnomes” -18:00 horas
-“Un lugar tranquilo” – 20:30 y 23:00 horas
-“Vengadores: infinity war” – 17:00 y 20:00 horas
-“Roman J.Israel, Esq.” – 23:00 horas
VIERNES 18, SÁBADO 19 Y DOMINGO 20
-“Deadpool 2” – 18:00, 20:30 y 23:00 horas
-“Sherlock Gnomes” – 18:00 horas
-“Verdad o reto” – 20:30 y 23:00 horas
LUNES 21 Y MARTES 22 (DÍA DEL ESPECTADOR)
-“Deadpool 2” – 20:30 y 23:00 horas
-“Verdad o reto” – 20:30 y 23:00 horas
A galería Terra Branca, de Ribadeo, acolle unha exposición do artesán coruñés afincado en Mondoñedo José Manuel Fernández Otero (Pepe Oleiro). Trátase de pezas baseadas nas tradicionais da cerámica mindoniense con máis colorido e novas formas.
Pepe Oleiro asegura que “a min me gusta recuperar esa louza tradicional, de feito unha das cousas que estou facendo é recompilar un pouco a cerámica tradicional de Mondoñedo e facer pezas con esas formas. As novas tecnoloxías permítennos mellores calidades nas pezas, máis colorido, máis formas, e adaptalo un pouquiño máis ao gusto da xente na actualidade”.
Para este artesán afincado en Mondoñedo “Terra Branca é unha galería na que a todo o mundo lle gustaría estar. Preocúpanse moito empezando polo artesán e ás pezas danlle un valor engadido importante, na presentación e...
leer másO auditorio municipal Hernán Naval de Ribadeo acollerá este domingo, 13 de maio, ás 17:30 horas unha actuación de Teatro Marionetas Trécola que representará a obra O agasallo de Anya, dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios.
É a historia de Anya e Xiana, dúas nenas que viven separadas por catro mil quilómetros pero unidas por todo o demais, sentimentos, ilusións, proxectos, ansia de felicidade… Neste espectáculo as dúas protagonistas descubriranos as razóns polas que os mellores agasallos non se reciben, danse.
Trátase dunha obra baseada no conto orixinal de Sabela Núñez Singala que se representa con marionetas de distintas técnicas de manexo dentro dunha escenografía en continuo cambio.
A comisión das festas patronais de Ribadeo 2018 comezou xa a traballar. Nuns días visitarán os domicilios e os negocios locais en demanda de axuda económica para sufragar os gastos dos festexos que se celebrarán do 5 ao 9 de setembro. O pregón será o día 1. A comisión, que foi presentada nas últimas horas, está formada por Juan José Otero (como presidente), Avelino Martínez e Marta Saiz. Ao seu carón estiveron o alcalde, Fernando Suárez, e o concelleiro de Cultura, Farruco Graña. O rexedor confirmou o apoio pleno do Concello á comisión, que tamén organizará as festas de San Roque o 16 de agosto.
O presidente da comisión das festas patronais de Ribadeo, Juan José Otero, agarda que “sexa polo menos como o ano pasado ou incluso un pouco mellor”. E anunciou que “empezaremos a semana que ven a facer o libro, e despois seguido ata ter todo feito...
leer másCARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 16 DE MAYO
JUEVES 10
-“Vengadores: infinity war” – 20:00 y 23:00 horas
-“Red de Libertad” – 20:30 horas
-“Roman J.Israel Esq.” – 23:00 horas
VIERNES 11, SÁBADO 12 Y DOMINGO 13
-“Sherlock Gnomes” -18:00 y 20:30 horas
-“Un lugar tranquilo” – 23:00 horas
-“Vengadores: infinity war” – 17:00 y 20:00 horas
-“Roman J.Israel Esq.” – 23:00 horas
LUNES 14 Y MARTES 15 (DÍA DEL ESPECTADOR)
-“Sherlock Gnomes” - 20:30 horas
-“Un lugar tranquilo” – 23:00 horas
-“Vengadores: infinity war” – 20:00 horas
-“Roman J.Israel Esq.” – 23:00 horas
MIÉRCOLES 16 (SIN ESPECTÁCULO)
O XIII Ribadeo de Tapeo desenvolverase do 11 ao 20 de maio en 44 locais hostaleiros do municipio. Cociñeiros como Yayo Daporta, Gonzalo Pañeda e Lucía Freitas formarán parte do xurado profesional que elixirán as mellores tapas o 21 de maio. Será no hotel restaurante Voar e só concorrerán a esta cita os establecementos que o desexen. O público tamén elixirá a mellor tapa e a mellor barra entre os 44 que participan nesta cita gastronómica. Haberá ademais cantos de taberna, sobremesas musicais e tapas gastro accesibles.
A concelleira de Turismo, Ana Martínez, lembrou que “hai trece anos o Ribadeo de Tapeo se presentaba como unha novidade na comarca, un concurso de tapas onde un gran número de establecementos do concello participaban neste evento. E hoxe xa é todo un clásico, está consolidado, e ademais foi provocando unha serie de reaccións,...
leer másA axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a Vigo e ás Illas Cíes. Será o día 26 deste mes, sábado.
Hai dúas opcións para participar: unha inclúe o desprazamento en autocar ata Vigo, o almorzo, unha visita guiada por esa cidade e o seguro de asistencia, cun prezo de 30 euros; e a outra, ademais do anterior, inclúe traslado en barco ás Illas Cíes e comida alí, cun prezo de 60 euros.
Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.
A Concellaría de Igualdade organiza unha viaxe ao Talaso de Xixón, o 20 de maio. A actividade, enmarcada no programa O teu tempo é para ti, está dirixida exclusivamente a mulleres adultas. A inscrición estará aberta do 9 ao 16 de maio.
Desde a Concellaría de Igualdade de Ribadeo explican que “un ano máis, como ven sendo habitual, poñemos en marcha o programa O teu tempo é para ti, coa oferta dunha viaxe ao Talaso de Xixón, dirixida exclusivamente a mulleres adultas”.
E subliñan: “as viaxes constitúen un balón de oxíxeno para as persoas que están inmersas nunha voráxine de traballo e estrés; son unha válvula de escape que racha coa rutina diaria. Un viaxe turístico, de calquera tipo, neste caso a un balneario-talaso, coas súas novidades e sorpresas, pode producir efectos psicolóxicos insospeitados ou un cambio...
leer más












