Ribadeo
Teatro afeccionado e profesional, proxeccións, música ou monicreques son algunhas das propostas da axenda cultural do Concello de Ribadeo para o último trimestre do ano. As actividades foron presentadas este xoves pola concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo.
A edil ribadense contou que “comezamos este venres cun evento que houbo que adiar por causa dos incendios. Referímonos á presentación do libro da nosa veciña de Barreiros Lucía Ferro, que se titula En Brandán, unha novela negra, pero con moito humor e personaxes normais, en palabras da autora. Será na sala de presentacións da Casa do Viejo Pancho, como diciamos este venres, 20 de outubro, ás 20.00 horas. Teremos no mes de novembro outra presentación no mesmo lugar por desexo expreso da protagonista, a escritora arxentina de nai ribadense Ana Martínez. Ela achéganos á súa obra...
leer másAcisa Ribadeo y Kids&Us organizan el 28 de octubre una nueva actividad infantil denominada Trick or treat por locales asociados al colectivo empresarial.
El gerente de Acisa, Jesús Pérez, explica que “la actividad busca entretener y divertir a los más peques de la casa con la tradición anglosajona del famoso truco o trato, con motivo de la celebración de Samaín o Halloween. La propuesta, que se realizará en inglés, está dirigida tanto a alumnos como a no alumnos de la academia de entre 3 y 9 años, y tendrá lugar el día 28 de octubre por la mañana. Aquellas niñas y niños que quieran participar deberán inscribirse en https://forms.office.com/e/RSfTHq3jWa. Desde Acisa Ribadeo nos gusta poder crear este tipo de actividades, que divierten y entretienen a los peques de la casa, y que además...
leer másEsta fin de semana estréase en Ribadeo a película O home e o can, de Ángel de la Cruz. O domingo, tras a proxección, haberá un coloquio co director e coa actriz barreirense Estíbaliz Veiga.
O alcalde, Dani Vega, declarou que “temos unha moi boa nova, O home e o can estréase en Ribadeo. É unha produción de Ézaro Films dirixida por Álgel de la Cruz. Este director sabemos todos que xa puxo a Ribadeo no panorama do cine con Os mortos van á presa, película rodada na vila mariñeira de Rinlo”.
O rexedor contou que “neste caso trátase dunha longametraxe, que conta un drama real sen adornos. Esta película vaise estrear en Ribadeo, en ningunha outra vila da provincia, so en Ribadeo e logo nas grandes cidades como por exemplo A Coruña ou Vigo”.
Vega subliñou que “Ribadeo será unha desas 21 salas...
leer másO Concello organiza unhas Xornadas de Defensa Persoal para Mulleres, que terán lugar en novembro. Ademais para o 25N están programadas a proxección de Matria e a representación de Miss España, entre outras actividades. A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, comentounas o Consello Municipal da Muller, que se reuniu hai uns días en Ribadeo. O mesmo contou coa participación activa de representantes de diversas asociacións e entidades convocadas para abordar cuestións fundamentais no ámbito da igualdade.
Despois de informar o Consello sobre os cambios na súa composición e aprobar a acta da sesión anterior, o encontro inaugurouse coa exposición detallada das actuacións e proxectos que actualmente impulsa o Concello de Ribadeo no ámbito da igualdade.
A edil de Igualdade, Begoña Sanjurjo, presidenta do Consello,...
leer másTrinta e cinco negocios asociados a Acisa Ribadeo colaboran do 16 ao 22 de outubro coa recollida anual de donativos da AECC con motivo do día internacional da loita contra o cancro de mama.
A presidente de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “un ano máis Acisa Ribadeo colaborará coa Asociación Española de Loita contra o Cancro. Desde o 16 ao 22 de outubro un total de 35 negocios asociados contarán con huchas para a recollida de donativos destinados a este colectivo. Esta campaña desenvólvese coincidindo co día internacional da loita contra o cancro de mama, que ten lugar o xoves, 19 de outubro, xornada na que as asociacións fan fincapé na importancia da investigación, da ciencia, da prevención e da saúde. Precísanse recursos para estudar, investigar e previr esta enfermidade así como para tratar e acompañar ás mulleres que a sofren, por...
leer másQuedan suspendidas todas as actividades de carácter público previstas entre hoxe e o vindeiro domingo, 15 de outubro, por mor do importante incendio que lle está a afectar a Ribadeo. Así o ven de comunicar o alcalde, Dani Vega, a través dun Bando.
O texto di que “con ocasión do importante incendio forestal que se produciu na tarde de onte e que afecta de xeito moi importante á zona rural en diferentes parroquias no termo municipal, de acordo con canto se dispón no artigo 21.1 m) da vixente Lei 7/1985, de 2 de abril reguladora das Bases de Réxime Local quedan suspendidas todas aquelas actividades de carácter público previstas durante o día de hoxe venres 13 así como as previstas para o sábado 14 e domingo día 15 de outubro de 2023 sinalándose entre outras: Festas do Santo Cristo que se ían celebrar na parroquia de Piñeira, as competicións...
leer másLa Asociación de Profesores de Automoción de Galicia organiza un Seminario sobre Proyectos de Movilidad Erasmus+, que se celebrará en sus instalaciones de Vilar (Ribadeo) el próximo sábado, 14 de octubre, en horario de 10 a 13 horas.
El presidente de Apaga, Álvaro Doural, explica que “abordaremos cuestiones como qué es Erasmus+, los participantes que pueden beneficiarse de estos proyectos europeos, los países de destino, la duración de las estancias, los idiomas, la canalización de ayudas y becas, la inclusión y la internacionalización de las instituciones”.
Doural añade que “el ErasmusDay, que tendremos el sábado, está dirigido a profesorado y alumnado de FP de toda la zona, a empresas y a instituciones relacionadas con la educación. Se trata de una cita que se celebra durante toda esta semana en los países que...
leer másA Pancha, a moeda de Ribadeo, entrará en circulación o vindeiro domingo, 15 de outubro. Máis de 100 negocios locais participan na quinta edición desta campaña, segundo os datos ofrecidos hoxe polo alcalde, Dani Vega.
O rexedor dixo que “dende este domingo, 15 de outubro, e ata o 31 de decembro un total de 200.000 Panchas estarán dispoñibles para que todos os consumidores merquen e consuman en máis de 100 establecementos de comercio e de hostalería do noso Ribadeo”.
Vega lembrou que “coma en edicións anteriores, a compra e uso da moeda é mediante o Panchapeto, o moedeiro dixital habilitado para a campaña. O moedeiro adquírese a través da web www.pancharibadeo.gal, onde tamén poden atopar toda a información referente a esta campaña”.
O alcalde...
leer más