Ribadeo
O ex alcalde José Carlos Rodríguez Andina será o pregoeiro das festas patronais de Ribadeo 2023. Hoxe foron presentados o cartel e o programa. No acto participaron o alcalde, Dani Vega, as concelleiras de Cultura e Benestar Social, Begoña Sanjurjo e Elena Sierra, e os concelleiros de Deportes e Medio Ambiente, Francisco José Silvent e Diego dos Santos, xunto aos membros da comisión organizadora Juan López e Gonzalo Lebredo.
O rexedor contou que “hoxe presentamos as festas de Ribadeo e o primeiro que queremos facer dende o Concello é agradecer todo o traballo á comisión organizadora dos festexos. É importante destacar todo o que fan, como o organizan de ben e iso amosa un amor por Ribadeo”.
Para Vega “coordinar unhas festas sempre é complexo: barracas, as orquestras, as actividades alternativas, … É un feixe de...
leer másO vindeiro sábado, 26 de agosto, a parroquia de As Anzas, en Ribadeo, acollerá a décima edición da Malla do Trigo. As tarxetas, incluídas as dos nenos, deben recollerse antes do xoves 24 no restaurante A Pena, en Casa Domingo ou en Multitiendas Teresa.
O inicio da malla será ás 10 horas co asentamento da maquinaria e dos primeiros mollos. A malla estará amenizada con actuacións musicais de Axeigo e Grupo Lume. Ás 12.30 terá lugar o reparto de pan, sardiñas e viño e será ao rematar a malla cando dea comezo a sesión vermú. Nesta ocasión, coa participación exclusiva de Grupo Lume.
A comida ten un custe de 30 euros, pero será de balde para nenos menores de 10 anos. Poderá desfrutarse de mexillóns ao vapor, polbo á feira, costela de porco asada e tarta milfollas.Tamén estará acompañada de pan, viño tinto Rioja crianza...
leer másO Parque de San Francisco acollerá o vindeiro sábado, 26 de agosto, unha nova edición do guateque dos 60, que organiza a comisión de festas coa colaboración do Concello de Ribadeo e da Xunta de Galicia.
A concelleira de Turismo, Marta Saiz, dixo que “o guateque é un dos eventos máis esperados durante o ano en Ribadeo. Esa homenaxe á música que marcou toda unha época e esas cancións de sempre que nunca pasan de moda. Chegou o día. O vindeiro sábado, 26 de agosto, a partir das oito da tarde temos e tedes todas e todos unha cita no Parque de San Francisco, unha cita na que Ribadeo retrocederá de novo a eses marabillosos anos 60. O guateque está organizado pola asociación Santa María do Campo e San Roque e colaboran o Concello, a Xunta e Estrella Galicia”.
A edil ribadense subliñou que “o Parque de San Francisco, que...
leer másRibadeo será escenario da primeira edición do Xara Fest, o festival de música underground, o 2 de setembro.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, contou que “o sábado 2 de setembro teremos en Ribadeo a primeira edición do Xara Fest. O festival de música underground trae no cartel a DJ Selecta, Ill Pequeño e Ergo Pro, Boyanka Kostova e C Mirazo”.
A edil ribadense dixo que “ademais da música neste tipo de concertos non pode faltar a imaxe e tamén haberá un mercadiño de produtos relacionados”.
Sanjurjo engadiu que “está organizado por Alberto, Alejandro, Javier e Mario, catro rapaces que coa colaboración das administracións e de diversas entidades privadas achegan de balde a Ribadeo esta música e todo o seu ambiente”.
O alcalde, Dani Vega, indicou: “gustaríame...
leer másRibadeo acollerá do 30 de agosto ao 1 de setembro o XII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que organiza Apaga, e ao que acudirán medio cento de participantes procedentes de Madrid, Asturias, Castela-León e Galicia.
O presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, Álvaro Doural, explicou que “se segue mantendo máis ou menos o mesmo esquema de traballo que en anos anteriores. É dicir, hai unha parte dedicada ás conferencias e outra aos talleres”.
Doural contou que “a inauguración será o 30 de agosto ás 10 da mañá nas nosas instalacións. Esa xornada contaremos coa participación da empresa Enriel e Manuel Lage (doutor enxeñeiro industrial en Madrid e Bilbao), que é unha persoa que traballou en Iveco, en Barreiros… e que agora está xubilado e é un dos nosos novos colaboradores. Lage vai...
leer másO Río Breogán iniciará na vila ribadense a súa pretempada o vindeiro 30 de agosto. Será co Trofeo Concello de Ribadeo - Festas Patronais 2023, no que se medirá ao FC Porto. As entradas para asistir a este partido están á venda desde hoxe no pub Ribanzo e en Multitienda Teresa. O encontro dará comezo ás sete da tarde no pavillón municipal de Ribadeo. Na presentación do Trofeo, que tivo lugar no Parador de Turismo de Ribadeo, participaron o alcalde, Dani Vega, o director xeral do Breogán, Tito Díaz, o presidente da comisión de festas, Juan Luis López, e o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent.
O rexedor tivo palabras de agradecemento para o traballo realizado pola comisión organizadora das festas patronais de Ribadeo e tamén para o concelleiro e o técnico de Deportes, Francisco José Silvent e Iván López, así como para o Parador de...
leer másEn Cine Ribadeo estrenan CampeoneX. Siguen en cartelera Barbie, Megalodon 2: la fosa y Gran Turismo.
O 19 de agosto terá lugar en Remourelle a XVI Festa da Carne ao Caldeiro. O evento foi presentado hoxe. O alcalde, Dani Vega, destacou a posta en valor dun produto de proximidade como é a rubia galega e animou a achegarse a gozar desta cita.
O rexedor dixo que “no mes de agosto sempre se celebra a Festa da Carne ao Caldeiro. Eu creo que é a demostración de facer ben as cousas. Trátase dunha festa para poñer en valor un produto de proximidade como é a carne de rubia galega”.
Para Dani Vega “Remourelle sabe facer ben as cousas. É un traballo que leva facendo desde hai moito tempo”.
O alcalde ribadense sinalou: “o 19 de agosto queremos convocar a todo o mundo en Remourelle. Eu sempre digo que estas celebracións que queren poñer en valor un produto tamén resaltan un medio de vida e unha...
leer másDo 18 ao 20 de agosto terá lugar unha nova edición das Letras no Campo, a Feira do Libro de Ribadeo.
Do 18 ao 20 de agosto terá lugar a IX feira ribadense do libro Letras no Campo. Durante eses días haberá presentacións de libros, exposicións e actividades para as crianzas e as súas familias, segundo deu a coñecer a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo.
A edil ribadense explicou que “do 18 ao 20 de agosto teremos no parque a Feira do Libro Letras no Campo. Dará comezo o venres pola tarde co pregón de Lois Pérez, autor de A gruta da torre, que desenvolve a súa trama en Ribadeo. Haberá presentacións de diversos libros, uns divulgativos e outros máis intimistas, uns de narrativa e outros de poesías, uns de ficción e outros non, algúns de autores ribadenses e outros chegados de fora”.
Sanjurjo contou que “as casetas dos diferentes libreiros ofrecerán un 10% de desconto nos libros que se merquen na feira. Quero...
leer másEl próximo 26 de agosto se llevará a cabo el V Trofeo de Pesca de Altura Real Club Náutico de Ribadeo.
Esta competición será exclusivamente en la modalidad de curricán de altura y está organizada y regulada por el comité organizador y de seguridad del Real Club Náutico de Ribadeo.
Se puede consultar el reglamento de la competición en el apartado de noticias de la web del Real Club Náutico de Ribadeo.
Inscripciones hasta el 18 de agosto.