Salvamento

18/03/2024

O documental titulado “A Carmela: lancha de salvamento que ninguén salvou”, será presentado este martes, 19 de marzo, ás 20:00 horas no auditorio da Casa da Cultura, acto que contará coa participación do seu autor, Paco Salgueiro.

É o cuarto documental realizado por Salgueiro despois de “Pena Burela, sinal de identidade dun pobo”, “Burela, referentes do lecer no século XX” e “Lembranzas do Nadal en Burela”.

02/07/2020

O alcalde, Fernando Suárez, asegura que as praias ribadenses están máis preparadas que nunca para atender aos seus usuarios e usuarias este verán. Hai 18 socorristas, 3 técnicos sanitarios e 7 persoas para a limpeza. O Concello destina só ao servizo de socorrismo 130.000 euros. O rexedor destaca o esforzo inversor a realizar e critica a axuda de 24.000 euros que recibe Ribadeo da Xunta. Para Fernando Suárez trátase dun insulto á intelixencia e dunha vergoña. O alcalde ribadense fai unha chamada á responsabilidade da xente para facer fronte ao Covid-19.

Suárez Barcia sinalou que “en relación co dispositivo de salvamento e socorrismo de praias para este verán en Ribadeo, temos que dicir que é un verán atípico, difícil e complicado para todos, como todo o mundo pode saber por mor do coronavirus e por esta situación tan cambiante que estamos...

leer más
Etiquetas:
18/01/2020

O edil de Deportes, David Rodríguez, anunciou no día de hoxe que a piscina municipal olímpica será a sede do Campionato Galego de Salvamento Deportivo nas categorías xuvenil, júnior, absoluta e máster, que se celebrará o 1 e 2 de febreiro; froito dun acordo de colaboración coa Federación Galega de Salvamento e Socorrismo de Galicia.

Rodríguez mantivo un encontro nas instalacións co director deportivo desta Federación, Daniel Vila, para perfilar todos os detalles do evento deportivo e coñecer as necesidades para o desenvolvemento desta proba que reunirá a 200 deportistas de toda Galicia, pertencentes a 12 clubs autonómicos.

A competición, que se desenvolverá en horario de mañá e tarde, arrincará o sábado, 1 de febreiro, ás 10:00 horas, e está previsto que remate o domingo 2, sobre as 19:30 horas.

... leer más