Empresas
Acisa presentou a app Ribadeo Cerca de Ti. O acto tivo lugar hoxe na praza do Cantón dos Moreno. A aplicación xa se pode descargar en todos os dispositivos e entre os seus usuarios e usuarias sortearanse dúas tablets de última xeración. Esta actuación está financiada polo Concello de Ribadeo a través do convenio asinado, hai uns días, entre ambas entidades.
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, explicou que “tras ter que suspender a presentación prevista para o mes de marzo, debido ao Covid, hoxe podemos por fin estrear e dar a coñecer a App da nosa asociación. Chámate Ribadeo Cerca de Ti e xa está lista para ser descargada en todos os móbiles e tablets desde hoxe mesmo. Esta app pretende dar o primeiro paso na dixitalización do comercio e da hostalería de Ribadeo e irase completando ao longo dos vindeiros meses con melloras na propia...
leer másLa empresa mariñana de telefonía y energía Phonergy, propiedad del ribadense Juan Manuel Fernández Singh, abrió en Burela su segunda tienda hoy, jueves. También tiene establecimiento en Ribadeo.
La tienda burelesa de Phonergy ofrece servicios de telefonía de numerosas compañías low cost y cuenta con una gran variedad de teléfonos, incluidos los que salieron recientemente al mercado, tanto nuevos como reacondicionados. También tiene a la venta diversos accesorios, como protectores para todos los modelos de teléfonos, además de cartuchos y tóner de tinta para impresoras. Estos consumibles son de la marca De Buena Tinta, que cuenta con más de 200 puntos de venta en toda España.
Phonergy es además colaborador de la firma Aldro Energía, una empresa comercializadora que ofrece tarifas de luz y gas muy económicas.
... leer másDesde mañá, mércores, e ata o 24 de xullo, o Centro Comercial Aberto de Foz organiza unha nova edición da súa campaña Comercio na Rúa, unha cita indispensable nos veráns en Foz.
Durante estas tres xornadas, os establecementos da vila ofrecerán interesantes descontos e exporán os seus artigos nas rúas da vila. As ofertas aplicaranse a todo tipo de produtos e servizos ofrecidos polos distintos locais adheridos á campaña.
Os preto de 30 comercios participantes nesta edición do Comercio na Rúa son: Vagaluz, 5 Lobiños, Sueños, Vas’s, Vas’s Outlet, Ginzo Hombre e Ginzo Mujer, Arrullos, Lourdes moda íntima, Chuvia, Carmen León Zapatería, N1 Deportes, María Docampo, Alma Libre, Chinela Nenos, Librería Bahía, Din y Don, Longarela, Calzados Pirde, Decoraciones Pura, Unique-2, OfiFoz, Xanela complementos e agasallos, Don...
leer másO Centro Comercial Aberto de Foz organiza unha nova edición da súa campaña Comercio na Rúa, que terá lugar do 22 ao 24 de xullo.
Establecementos da vila ofrecerán interesantes descontos durante esas tres xornadas nas que exporán os seus artigos nas rúas da vila. As ofertas abarcarán todo tipo de produtos e servizos ofrecidos polos distintos locais adheridos a esta iniciativa.
O presidente de CCA/ACIA Foz, José Carlos Paleo, sinala que “pouco a pouco temos que ir recuperando as actividades na nosa vila, con precaución e seguindo todos os protocolos de seguridade. De aí que a vindeira semana contaremos cunha nova edición do noso Comercio na Rúa, unha cita clásica dos veráns en Foz”.
Paleo engade que “será un bo momento para facerse con prendas e produtos de temporada a prezos moi...
leer másO presidente da FCAM, José Carlos Paleo, fai un balance positivo da decisión adoptada hoxe polas autoridades sanitarias de abrir ao turismo 6 dos 7 concellos que levan 10 confinados. Trátase de Viveiro, Xove, Cervo, Foz, Barreiros e Ribadeo. Paleo amosa a súa solidariedade con Burela: “mandámoslles o noso apoio aos compañeiros e compañeiras de Burela e a todos os veciños e veciñas cos que agardamos compartir unhas cañas en canto sexa posible. O que pasou nesa vila pode ocorrer en calquera lugar. Moito ánimo e vémonos pronto”.
Para José Carlos Paleo “esta é unha moi boa nova, pola que todos estábamos a agardar. Hai que darse conta que estamos a mediados de xullo e que é moi importante para a reactivación do turismo e da economía na nosa comarca”.
O presidente da FCAM lembra que “a vida seguiu e segue e temos que...
leer másACISA presentou hoxe o seu novo selo Ribadeo Seguro, un certificado gratuíto que concederá aos negocios e locais asociados que cumpran coas normas de seguridade e hixiene fronte ao Covid-19, co fin de mostrar ante a veciñanza e os turistas que Ribadeo é un lugar seguro para mercar e consumir.
Dende a patronal aseguran que esta é unha forma sinxela e práctica de axudar a reactivar canto antes a economía local, dando as máximas garantías e reforzando a confianza da cidadanía.
O presidente de ACISA Ribadeo, Francisco Iriarte, indicou que “esta iniciativa xurde da necesidade de dicirlles aos nosos clientes, sexan veciños ou visitantes, que Ribadeo é un lugar seguro para mercar e consumir, que poden confiar en nos e nos nosos negocios, que Ribadeo é un lugar onde se cumpren todas as normas e onde podemos facer unha...
leer másA gañadora do concurso Polos nosos negocios, convocado por Acisa, recolleu hoxe o seu premio. Carla García López, de 9 anos e natural de Ribadeo, levou 300 euros en vales de compra para gastar nos locais asociados. Fíxolle a entrega do seu agasallo o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Francisco Iriarte Quintana.
Acisa convocou o concurso Polos nosos negocios en pleno estado de alarma pola pandemia do Covid-19 co obxectivo de amosar o apoio dos ribadenses ao comercio e á hostalería locais.
Desde a directiva de Acisa lembraron que “do que se trataba era de deseñar un cartel e un slogan que animasen á xente a facer as súas compras no comercio da vila e a consumir na hostalería local, despois de varios meses de peche obrigado ocasionado pola chegada da pandemia do...
leer másAcia Foz inicia unha campaña de promoción das compras no comercio local a través da súa plataforma de venta online. Entre as persoas que empreguen este modelo ata o vindeiro 31 de agosto o CCA sorteará un Ipad de 7ª xeración.
A Asociación de Comerciantes focense convida a participar mercando en www.compraenFoz.com ata o vindeiro 31 de agosto. Ademais de visitar a web, Acia Foz anima a seguir as súas redes sociais e a compartir as publicacións para ter máis posibilidades de gañar este premio. Entre os participantes sortearase un iPad 10.2” 128GB de 7ª xeración.
Os 25 establecementos que se poden atopar na plataforma de venta online de Acia Foz son Saint Tropez, Cenor Belianorte, Xoiería Iria Rodríguez, Sensación Surf, Kukadas, Doz Zapato Moda, Zapatería Carmen León,...
leer másDende a Asociación de Comerciantes de Burela subliñan que “o comercio de Burela está traballando con normalidade e estremando as medidas de seguridade para darlle ós nosos clientes o servizo de sempre, coidando da saúde de todos os veciños/as da nosa vila”.
E engaden que “os negocios de hostalaría que pecharon neste días o fixeron como medida de prevención e seguridade, para traballadores e clientes. Pero moitos locais hostaleiros están traballando con normalidade, e cumprindo coa normativa vixente”.
Dende o CCA burelés din: “mandamos esta aclaración porque hai circulando noticias sobre o peche do comercio de Burela e dándolle pávulo a declaracións de xente que non está vinculada co sector empresarial. Son tempos complicados para todos, pero con comunicación, responsabilidade e sentidiño, poderemos seguir...
leer másA Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) de Ribadeo pide responsabilidade fronte ao coronavirus aos veciños e veciñas e tamén ás persoas que nos visitan para evitar contaxios que poderían ocasionar un novo confinamento.
O presidente de ACISA Ribadeo, Francisco Iriarte, considera que “é imprescindible que todos os veciños e veciñas do municipio así como as persoas que nos visitan actúen con moita responsabilidade fronte ao Covid-19 para evitar contaxios que poderían ocasionar un novo confinamento, o que causaría importantes danos”.
Francisco Iriarte engade: “facemos un chamamento á responsabilidade de todos e solicitamos a colaboración dos responsables dos diferentes establecementos, tanto comerciais coma hostaleiros, para que eviten aglomeracións de xente. E aos clientes pedímoslles...
leer más