Kung Fu
O concello de Cervo, en colaboración coa Federación Galega de Kárate, acollerá o II Campionato Galego de Kung Fu e o II Interautonómico desta mesma disciplina, este próximo sábado, 14 de xuño.
A tenente de alcaldesa Mali Méndez presentou o evento acompañada do director Nacional de Kung Fu da Real Federación Española de Kárate, Miguel Ángel Rojo, veciño do municipio.
Hai xa máis de 150 inscricións de toda Galicia, Asturias, Castela e León, Cantabria, País Vasco e Madrid.
A proba disputarase a partir das 10:00 horas no Pavillón do CEIP Península da Paz.
A competición depende do departamento de Kung Fu da Federación Galega de Kárate na modalidade de Taijiquan, e os participantes competirán nas modalidades de Taolu (formas ao aire) con armas e man baleira e Taishou...
leer másRibadeo acollerá este sábado, día 26 de abril, unha xornada de portas abertas de Kung Fu. Será no pavillón da rúa Alfredo Deaño.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, indicou que “a xornada de portas abertas de Kung Fu terá lugar de 10:30 a 13:00 horas e será impartida por Héctor Peña Díaz, que é 3º duan de Kung Fu – Taijiquan RFEK e DA e 3º duan de Kung Fu – Qi Gong RFEK e DA. E de 13 a 13:30 horas haberá unha exhibición de Tai Chi”.
O edil ribadense contou que “o temario que se abordará para quentamento será Chi Kung de acondicionamento xeral; para principiantes, movementos básicos; e para avanzados, forma de pau de cella de Tai Chi estilo Chen”.
Silvent anima “os amantes desta disciplina deportiva a achegarse o vindeiro sábado ao pavillón da rúa Alfredo Deaño”.
... leer másO Concello de Cervo anuncia que esta fin de semana, o sábado 21 e o domingo 22 de setembro, celebrarase un curso nacional de kung fu-tai chi no pavillón do CEIP Península da Paz.
Será impartido por Gran Maestro Yang Jun o sábado de 10:30 a 13:30 e de 17:30 a 19:30 horas e o domingo de 10:00 a 13:00 horas.
Está organizado polo Departamento Nacional de Kung Fu da Real Federación Española de Karate y Disciplinas Asociadas.
O Concello de Cervo, en colaboración coa Federación Galega de Kárate, acollerá o primeiro Campionato Galego de Kung Fu e o primeiro Interautonómico desta mesma disciplina este domingo, 28 de abril.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e a tenente de alcaldesa, Mali Méndez, presentaron o evento acompañados do director Nacional de Kung Fu da Real Federación Española de Kárate, Miguel Ángel Rojo, veciño tamén do municipio de Cervo.
Hai xa máis de 80 participantes inscricións de toda Galicia, Asturias, Castela e León, Cantabria e Cataluña. A proba disputarase a partir das 10:00 horas no Pavillón do CEIP Península da Paz.
A competición depende do departamento de Kung Fu da Federación Galega de Kárate, na modalidade de Taijiquan, e os participantes competirán nas modalidades de Taolu (formas...
leer más