Special Olympics
A deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López Moreno, participou este martes na Casa Consistorial do Concello de Barreiros na presentación da décimo terceira edición das Marchas Ciclistas Unificadas que organiza Special Olympics Galicia. Esta cita deportiva terá lugar do 2 ao 5 de outubro e percorrerá os municipios de Barreiros, Pereiro de Aguiar, Santiago de Compostela e Vilagarcía de Arousa.
A tamén presidenta da Fundación Eu Son recordou que a institución provincial “mantén unha estreita colaboración con este colectivo realizando unha achega económica de 8.000 euros, porque impulsan o deporte como unha ferramenta de inclusión, promoven a igualdade de oportunidades e contribúen a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade”.
Na presentación deste acto, ao que tamén...
leer másEste sábado, día 10 de maio, celebraranse en Xove os 28 Xogos Autonómicos de Campo a Través e Petanca para persoas con discapacidade intelectual Special Olympics Galicia. O evento, que foi presentado este xoves, terá lugar no campo de fútbol municipal de Xove desde as 10:45 horas.
A Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Viveiro (Aspanane), que coorganiza esta actividade, anuncia: “este sábado teremos o pracer de recibir no noso concello veciño de Xove (o cal xa é tamén a nosa casa) a un montón de entidades amigas chegadas de tódolos puntos de Galicia para celebrar os 28 Xogos Autonómicos de Campo a Través e Petanca Special Olympics Galicia 2025; os cales son mais especiais se cabe, xa que a nosa pequena familia será coorganizadora e anfitriona dos mesmos. Só podemos dar as grazas a Special Olympics Galicia por...
leer másA alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, anuncia que o Maratón Autonómico Urbano 2024 de Special Olympics Galicia celebrarase o día 25 de maio no municipio. O evento convocará, entre participantes e organización, a unhas 350 persoas.
Este maratón está organizado por Special Olympics Galicia, promovido pola Asociación de Pais de Persoas Con Discapacidade Intelectual de Viveiro (ASPANANE), e coa colaboración da federación de asociacións a favor das persoas con discapacidade intelectual FADEMGA - Plena Inclusión Galicia, do Concello de Viveiro e da Deputación de Lugo.
... leer más





