A Chocolateira
A oitava edición da Foliada A Chocolateira celebrarase na Pontenova esta fin de semana, o venres 6 e o sábado 7 de xuño. Está organizada pola asociación Eco das Minas, que anuncia que haberá “obradoiros, xogos tradicionais, mercadiño artesanal e concertos para todas as idades. Unha xornada para bailar, cantar e disfrutar da música e da cultura tradicional”.
A VIII Foliada comezará o venres ás 19:30 horas coa actuación de A Chocolateira. Ás 20:00 horas terá lugar a proxección do documental Lévame a Idea, que “reivindica cunha óptica feminista o papel fundamental das mulleres na preservación da poesía, o canto e a cultura popular de Galicia, piar esencial da nosa identidade colectiva”. É unha produción de Navíos e Folerpas dirixida por Laura Varela, Iria Villares e Vanesa Siso.
O sábado abrirase o mercadiño...
leer másA compañía Pínconús Teatro representará a comedia musical para público familiar titulada Pínconús no salón de actos da Casa da Cultura da Pontenova este sábado, día 21 de decembro, ás 19:00 horas. A entrada é de balde.
O autor do texto é o director da obra é José Campanari e a música foi creada por Piti Sanz.
Esta representación está incluída na programación de Nadal da asociación musical A Chocolateira, que anuncia que “este sábado, día 21 de decembro, ás 19:00 horas, despois de moitos anos de novo volve o tren facer parada na Estación da Pontenova”.
A Asociación Musical A Chocolateira, da Pontenova, organiza a súa sétima foliada para este sábado, 1 de xuño.
As actividades empezarán ás 12:00 horas cunha actuación de Branca Villares sobre Os Maios. Despois haberá sesión vermú con A Chocolateira e ás 14:00 horas terá lugar a actividade “Honra os nosos gaiteiros”. De 15:30 a 17:00 horas será o xantar, para o que hai que levar a comida. A continuación haberá billarda e xogos tradicionais a cargo de Troitas Bravas e Xotramu e para as 18:00 horas está programado un concerto infantil de Paco Nogueiras, ás 19:30 horas actuará o grupo Toxo Queimado e ás 21:00 empezará a cea. Rematarán os actos cun concerto do grupo De Ninghures, ás 22:00 horas.