Iberia CF
Iberia CF e Ribadeo disputarán o torneo de fútbol XLII Trofeo do Emigrante no campo das Valgas, en San Miguel de Reinante (Barreiros), este domingo, día 23 de agosto, ás 18:30 horas.
Na presentación deste evento deportivo participaron Manolo Cadramón, como representante da Xunta de Galicia; e Dani García, do Concello de Barreiros, como entidades colaboradoras co torneo, e Marcos Rodríguez, presidente do Iberia CF.
O Iberia Club de Fútbol celebra a quinta edición da Festa do Bolo Preñado este venres, día 21 de agosto, na Praza do Souto, de San Miguel de Reinante (Barreiros).
Ademais de degustación de bolos de varios sabores haberá música desde as 22:00 horas co grupo No Limit e DJ Da Casa e moitas sorpresas, anuncia a organización.
O Iberia Club de Fútbol, de San Miguel de Reinante (Barreiros), anuncia que se presentaron os actos de 90 Aniversario do club que “terán o seu epicentro cos partidos desta fin de semana de derbis: o sábado o equipo xuvenil enfrontarase ao CD Foz e o domingo o equipo sénior xogará contra o Ribadeo FC”.
Na presentación participaron, ademais de Marcos Rodríguez, como presidente do Iberia CF; Manolo Cadramón (xefe de Deportes da Xunta en Lugo); e Ana Ermida (alcaldesa de Barreiros).
O Iberia Club de Fútbol celebrará unha comida baile o día 17 de abril, Xoves Santo, nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante, no municipio de Barreiros. A sesión vermú comezará ás 13:00 horas e o xantar será desde as 14:30.
“Xa está aquí un dos eventos máis agardados para a familia branquiazul: a nosa Comida-Baile! Con sesión vermú, moita música, gran xornada cun gran ambiente na mellor das compañías, a vosa! Xantar servido por catering Sarredo e bar a beneficio do clube. Música a cargo do Dúo Belinda e do noso DJ residente, DJ Darío. Xoves 17 , Xoves Santo, nos colexios vellos de San Miguel, sesión vermú a partir das 13.00 horas e xantar das 14.30. Tarxetas á venda nos bares de San Miguel ou a través de calquera integrante da xunta directiva”, anuncia o Iberia CF.
O Iberia Club de Fútbol homenaxeará ao futbolista Marcos, que se retira despois de xogar durante máis de 40 anos nese equipo. Será cun evento que se celebrará o día 30 de xuño, domingo, no Campo das Valgas, de San Miguel de Reinante, desde as 12:00 horas. Haberá partido de fútbol entre o Iberia FC e un combinado de ex xogadores do club e despois, ás 14:30 horas, xantar homenaxe.
“Temos o orgullo de anunciarvos o derradeiro evento da tempada. E este non podía ser outro que a merecida homenaxe ao noso gran capitán e a súa inigualable traxectoria. O título de One man one club quédase moi curto para o que representa Marcos Rodríguez Rañón para o noso club. Por iso non podíamos menos que, humildemente, tentar de facer unha despedida minimamente digna e á altura do que el leva dado no campo polo noso escudo. Así que agardámosvos a todos e todas...
leer más







