Ribadeo
Del 6 al 27 de agosto se celebrará la XXXII Semana Náutica Ría de Ribadeo, organizada por el Real Club Náutico de Ribadeo. Se disputarán un total de 10 trofeos. Habrá una jornada educativa sobre la protección del fondo marino y un taller de nudos, gazas y costuras. Están programados bautismos de buceo y también la Zalea a Abres, que será el 27.
En la presentación participaron representantes del Real Club Náutico de Ribadeo, del Concello de Ribadeo, de la Xunta de Galicia, de Abanca y de Acisa Ribadeo.
Volven a Ribadeo as Noites Abertas. Os días 4, 5 e 6 de agosto 24 establecementos asociados a Acisa Ribadeo abriran ata as 21:00 horas ofrecendo promocións especiais. Ademais a música animará as rúas da vila.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, dixo que “este ano volven as Noites Abertas de Ribadeo, que levaban un tempo sen facerse. Trátase dunha actividade que soe gustar e dar moito xogo, polo que dende Acisa quixemos recuperala, xa que se hai día de praia a xente ten a oportunidade de mercar ata algo mais tarde do habitual”.
Pérez Prada contou que “este ano a campaña consiste en abrir as tendas ata as 21:00 horas o 4, o 5 e o 6 de agosto, ofrecendo descontos e promocións especiais. Todo elo acompañado de musica. O xoves á tarde noite haberá pasarrúas a cargo da Batukada de A Choca, o venres a partires das 21:00...
leer másO 26 de agosto terá lugar unha observación astronómica en Ribadeo. A Universidade de Santiago de Compostela, a través do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, xunto co programa O teu Xacobeo organizan en varios concellos de Galicia o programa de astronomía A Vía Láctea e outros motivos xacobeos do camiño.
En Ribadeo esta cita, coa que colabora o Concello, será o 26 de agosto. Comezará as 21:30 horas na Casa do Mar cunha charla sobre temas astronómicos de interese. E despois haberá unha observación astronómica na Praia dos Bloques as 22:15 horas coa que se completará unha velada cultural e científica vendo e aprendendo cousas ao mesmo tempo que se goza dunha noite de verán.
As persoas interesadas en inscribirse poderán facelo no correo electrónico sostibilidade@...
leer másO tren turístico ofrece oito viaxes diarias para que os visitantes poidan coñecer Ribadeo e os seus recunchos máis emblemáticos nun percorrido de 50 minutos de duración, que sae todos os días desde as inmediacións da oficina de turismo para achegarse ata o porto deportivo, o paseo marítimo, o Faro da Illa Pancha, onde realiza unha pequena parada, e pasa polas principais rúas da vila.
O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, contou que “dende hai varias semanas xa está en funcionamento o tren turístico de Ribadeo, despois do proceso de licitación e adxudicación por catro tempadas. É un atractivo máis no importante numero de actividades turísticas que se promoven ou que se organizan dende o Concello, e que permite a quen nos visita e a veciñas e veciños coñecer dunha maneira moi cómoda e moi amena o casco de Ribadeo, e achegarse a enclaves...
leer másO Concello organiza un acto homenaxe a Víctor Moro, recoñecido economista e fillo predilecto de Ribadeo, que será este mércores, 3 de agosto, ás 20 horas no Teatro. Víctor Moro: Todos os mares na Ría de Ribadeo será unha conversa á que asistirán varios expertos e catedráticos.
O alcalde, Fernando Suárez, explicou que “este mércores, 3 de agosto, e en colaboración coa súa familia, imos celebrar un acto de homenaxe a Víctor Moro. Este ribadense, nacido en 1926, destacado economista e empresario e que tivo un papel relevante na escena política galega, e ostenta tamén o título de fillo predilecto de Ribadeo, agora co gallo do traslado das cinzas ao noso concello, vai ser obxecto dunha homenaxe, que aínda que é protocolaria quere facerse con todo o cariño e todo o recoñecemento”.
O rexedor seguiu a relatar que “como...
leer másA Xira é como se coñece ao Día da Gaita e a Romaría a Santa Cruz, unha cita popular e gastronómica recoñecida como festa de interese turístico que este ano celebra o seu 60 aniversario. É organizada pola Asociación Amigos da Gaita o primeiro domingo de agosto no monte de Santa Cruz.
Pero a celebración non comeza o domingo senón o día antes, o sábado 6. Esa xornada haberá ás 19:30 horas un pasarrúas a cargo de Amigos da Gaita, seguido do pregón homenaxe ao 60 aniversario e da actuación das escolas no Cine Teatro as 20:00 horas.
E xa o domingo dará comezo a festa. As 12:00 horas, no monte de Santa Cruz haberá amenización musical a cargo de Leña Verde de Pol mentres que no Cantón dos Moreno actuarán as escolas de Amigos da Gaita, seguido dun pasarrúas pola vila a cargo do grupo tradicional Xaramolos e a continuación...
leer másA firma Emerxe, que abriu recentemente na rúa Virxe do Camiño da vila ribadense, acaba de integrarse na Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa) Ribadeo e ofrece condicións vantaxosas para socios e socias do colectivo empresarial que lles permitirán aforrar no recibo da luz e do gas.
A empresa Emerxe pretende que os socios e socias de Acisa Ribadeo poidan abaratar o recibo de luz e gas. Para iso ofrece un estudo da tarifa da enerxía con atención personalizada, permanente e directa, sempre co mesmo xestor autorizado, ademais dun estudo da factura para facer unha oferta personalizada co mellor prezo, buscando a tarifa máis axeitada e optimizando a potencia demandada para pagar o xusto.
O xerente de Emerxe Ribadeo, Beni Martínez, explica: “cremos que é un servizo moi bo e necesario nos...
leer másDo 29 de xullo ao 7 de agosto poderase visitar unha exposición de pinturas de Carmen Rodríguez a beneficio da AECC Ribadeo. Está organizada coa colaboración do Concello de Ribadeo.
Esta mostra encontrarase na sala de exposicións do Campo San Francisco, en Ribadeo.
O 31 de xullo celebrarase no Mercado dos Domingos unha nova edición de Toma Tomate. Haberá desfile, música e os bares da contorna ofrecerán tapiñas elaboradas con este produto da horta.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, dixo que “o Concello de Ribadeo, na súa aposta pola promoción da alimentación saudable, sostible e polo produto de proximidade, continúa como todos os veráns a realizar eventos dentro do Mercado dos Domingos. Así o 31 de xullo terá lugar unha cita dedicada ao tomate”.
O edil ribadense sinalou que “o tomate é ese produto que ten orixinado moitas expresións da nosa fala cotiá como toma tomate ou aquí hai tomate e que deixa constancia da súa enorme popularidade. Trátase dunha hortaliza que forma parte e se integra en moitas das receitas dos nosos menús. E é especialmente no...
leer más