Ribadeo
A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión á localidade pontevedresa de O Grove para participar na súa famosa Festa do Marisco, que está declarada de interese turístico nacional. Será o día 13 de outubro, domingo.
A actividade inclúe a viaxe en autocar, o almorzo e o seguro obrigatorio de asistencia. O prezo é de 30 euros por persoa.
Para a reserva de prazas nesta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.445.465 ou 982.877.470.
Acisa Ribadeo únese un ano máis á campaña Días Azuis do Comercio Galego, iniciativa da Federación Galega de Comercio, a Xunta de Galicia e Abanca.
Esta nova campaña desenvolverase do 1 ao 20 de outubro e sortearanse 16.200 euros, repartidos en 28 tarxetas regalo de 300 euros e 52 tarxetas regalo de 150 euros. O sorteo realizarase, ante notario, o 24 de outubro.
Os clientes terán dúas formas de participar neste sorteo: rexistrando as súas compras en www.diasazuis.com (a través de móbil, tablet ou ordenador), ou en www.diasazuis.com/comercios, duplicando deste xeito as posibilidades de ganar. O cliente deberá gardar o tícket que rexistre.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, manifestou que “estamos moi...
leer másCARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 2 DE OCTUBRE
JUEVES 26
-“Ad Astra” – 20:30 y 23:00 horas
-“Objetivo: Washington D.C.” – 20:30 horas
-“It: Capítulo Dos” – 23:00 horas
VIERNES 27, SÁBADO 28 Y DOMINGO 29
-“Ad Astra” – 18:00, 20:30 y 23:00 horas
-“Rambo: Last Blood” - 18:00, 20:30 y 23:00 horas
LUNES 30 y MARTES 1 DE OCTUBRE (DÍA DEL ESPECTADOR)
-“Ad Astra” – 20:30 y 23:00 horas
-“Rambo: Last Blood” - 20:30 y 23:00 horas
MIÉRCOLES 2 (SIN ESPECTÁCULO)
Na axenda cultural de Ribadeo para os vindeiros días figura un espectáculo de maxia para nen@s e a función teatral protagonizada por El Brujo que terá lugar o domingo, 29 de setembro.
Este xoves, 26 de setembro, terá lugar unha actividade con motivo da celebración do Día Mundial do Alzheimer titulada O cerebro envellece e o corazón engrandece. Será no Cine Teatro ás 12:00 horas e está organizado polo centro de día A Concordia.
Tamén mañá celebrarase o acto de conmemoración do centenario do naufraxio do bote Fernando Villamil. Será no Forte de San Damián ás 17:00 horas.
O venres, 27 de setembro, haberá un espectáculo de maxia para nen@s, dentro do programa Apego, titulado Somos iguais na maxia e ofrecido por Ian & Elisa que con esta obra transmiten valores como a importancia da...
leer másMañá, xoves, pola tarde celebrarase o acto de conmemoración do centenario do naufraxio do bote Fernando Villamil. No Forte de San Damián haberá o descubrimento dunha placa alusiva a ese feito e intervencións do alcalde, Fernando Suárez, da concelleira de Cultura, Pilar Otero, e tamén do cronista oficial de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez.
A edil ribadense contou que “mañá, 26 de setembro, terá lugar ás 17:00 horas no Forte de San Damián un pequeno acto de conmemoración deste episodio da nosa historia local. Será un acto institucional no que participarán o alcalde, Fernando Suárez, eu mesma e no que o cronista oficial, Eduardo Gutiérrez, ofrecerá unha pequena presentación sobre aquel feito”.
Pilar Otero subliñou que “co obxectivo de achegar á veciñanza o aciago feito ocorrido con esta embarcación vaise colocar neste...
leer másA axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a Lugo para participar nas festas de San Froilán o día 6 de outubro, Domingo das Mozas.
A actividade inclúe a viaxe en autocar e o seguro obrigatorio de asistencia. O prezo é de 15 euros.
Para a reserva de prazas nesta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.445.465 ou 982.877.470.
O 22 de setembro terá lugar unha nova edición do Pemento Fest, dentro do Mercado dos Domingos. Haberá mostra de pementos e degustación, unha charla sobre este produto e tamén música. Un dos protagonistas será o pemento de Piñeira.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, dixo que “como cada setembro, chega a tempada dos pementos e o Mercado dos Domingos quere dedicar un día especial a este produto tan característico da nosa zona, onde salienta o pemento de Piñeira”.
O edil ribadense explicou que “para elo vaise celebrar unha nova edición do Pemento Fest o vindeiro domingo, 22 de setembro, de 9 a 14 horas, no Mercado dos Domingos, que é o noso espazo de consumo local. Este Pemento Fest, ademais de incluír o xa habitual mercado de produtores e produtoras locais, tamén contará cunha mostra de pementos...
leer másCARTELERA CINE RIBADEO HASTA 25 DE SEPTIEMBRE
JUEVES 19
-“Dora y la ciudad perdida” – 20:30 horas
-“It: capítulo 2” – 23:00 horas
-“Objetivo: Whashington DC” – 20:30 y 23:00 horas
VIERNES 20, SÁBADO 21 Y DOMINGO 22
-“Ad Astra” – 18:00, 20:30 y 23:00 horas
-“Dora y la ciudad perdida” – 18:00 horas
-“It: capítulo 2” – 23:00 horas
-“Objetivo: Whashington DC” – 20:30 horas
LUNES 23 Y MARTES 24 (DÍA DEL ESPECTADOR)
-“Ad Astra” – 20:30 y 23:00 horas
-“It: capítulo 2” – 23:00 horas
-“Objetivo: Whashington DC” – 20:30 horas
MIÉRCOLES (SIN ESPECTÁCULO)
CARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 18 DE SEPTIEMBRE
JUEVES 12
-“It: capítulo 2” – 20:30 y 23:00 horas
-“Quien a hierro mata” – 20:30 y 23:00 horas
VIERNES 13, SÁBADO 14 Y DOMINGO 15
-“Mascotas 2” – 18:00 horas
-“It: capítulo 2” – 20:00 y 23:00 horas
-“Dora y la ciudad perdida” – 18:00 horas
-“Objetivo: Washington D.C.” – 20:30 y 23:00 horas
LUNES 16 Y MARTES 17 (DÍA DEL ESPECTADOR)
-“It: capítulo 2” – 23:00 horas
-“Dora y la ciudad perdida” – 20:30 horas
-“Objetivo: Washington D.C.” – 20:30 y 23:00 horas
MIÉRCOLES 18 (SIN ESPECTÁCULO)
Do 16 ao 30 de setembro estará aberto o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas do Concello de Ribadeo para tempada 2019/20. En total son 12 as modalidades ofertadas. O pagamento da matrícula, 60 euros por escola, poderá facerse ata o 15 de outubro. A nova edición das Escolas foi presentada hoxe polo concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, e polo técnico municipal de Deportes, Iván López.
As modalidades deportivas que se impartirán son atletismo, baloncesto, fútbol, fútbol sala, hoquei liña, natación, pádel, patinaxe, rugbi, tenis, tenis de mesa e ximnasia rítmica. O inicio das escolas terá lugar entre o 16 de setembro e o 15 de outubro e o remate será entre o 16 de maio e o 15 de xuño. Están destinadas a nenas e nenos nados entre os anos 2006 e 2015. Nas escolas con límite de prazas realizarase un sorteo entre os inscritos o 2 de outubro...
leer más












