Ribadeo
O Concello de Ribadeo programa actividades para celebrar o centenario da morte do poeta ribadense-uruguaio El Viejo Pancho, que naceu un día 7 de maio e faleceu un 28 de xullo.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, anunciou que “é un programa preparado por persoas de Uruguai e Galicia, co respaldo de ambos gobernos. Este conmemoración xa comezou coa exposición 100 anos sen El Viejo Pancho, preparada polo alumnado e profesorado do obradoiro e que podemos ver na Sala do Campo. Pode ser visitada por todos aqueles que o desexen pero ademais o alumnado de Ribadeo, desde educación infantil ata secundaria, gozará cos traballos manuais, as xincanas, os percorridos pola vila, as creacións literarias e incluso vídeos de TikTok preparados para cada grupo de idade. Os centros escolares recibirán tamén unha unidade didáctica para...
leer másGuía tu día comezou este ano a facer visitas guiadas polo Monumento Natural da praia das Catedrais para poñer en valor este conxunto de arcos rochosos sito no concello de Ribadeo.
Esta actividade iniciouse o pasado mes de abril e tralo éxito volve en maio. "Unhas visitas ideais para realizar nesta época xa que o areal está máis tranquilo e aínda se pode acceder con mascotas. Están abertas a todo o mundo", comenta a guía.
Todas elas terán lugar pola mañá coincidindo co horario de baixamar e cunha duración de hora e media. O xoves 9 de maio será ás 11 horas, o venres 10 ás 11:30 horas e o sábado 11 ás 12 horas.
As persoas interesadas poden obter máis información no teléfono 654 99 68 57.
O pavillón municipal de Ribadeo, situado na Avenida de Luarca, acollerá este sábado, día 11 de maio, o segundo Randori Judo Lugo, competición que contará con 180 participantes.
Este evento deportivo está organizado por Judo Lugo, Concello de Ribadeo e Federación Galega de Judo e D.A.
O segundo Randori Judo Lugo disputarase nas categorías infantil, alevín, benxamín, prebenxamín e minis. As competicións iniciaranse as 10:15 horas.
Na presentación do evento participaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega; o xefe territorial de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, Manuel Otero; o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent; o técnico municipal de Deportes, Iván López; e o director técnico do club Judo Lugo, Iván Carballeira.
O concelleiro de Deportes ribadense destaca que “eventos...
leer másNas instalacións de Acisa Ribadeo tivo lugar esta mañá o sorteo dos premios da campaña do día da nai. Trátase dun exclusivo colgante de prata de lei con madreperla, xentileza de Galería Terra Branca, e dunha experiencia Entre Burbullas para dúas persoas.
Segundo indicou o xerente da asociación, Jesús Pérez, “os números agraciados son o 2.734, entregado en Farmacia Álvarez Lebredo e que corresponde ao premio da experiencia Entre Burbullas, dunha noite con almorzo e acceso a spa a escoller entre 300 estancias, e o 6.113 que foi entregado en Kids&Us e que corresponde ao colgante exclusivo de prata de lei con madreperla cortesía de Galería Terra Branca”.
Pérez Prada lembrou que “tal e como indican as bases da campaña o sorteo realizouse a porta cerrada nas oficinas de Acisa na mañá de hoxe, 6 de maio, e foi...
leer másEste vindeiro domingo o grupo Los Mendezcatos actuará a partires das 13:00 horas nas inmediacións da Praza de Abastos para animar a hora do vermú, dos viños e das compras en Ribadeo.
Ata xullo a música chegará á Avenida Rosalía de Castro, á rúa San Roque, á Praza de Abaixo e tamén á Zona Vella.
Desde o Concello e desde Acisa animan “ás veciñas e aos veciños de toda a contorna a achegarse a Ribadeo e a gozar de todas as propostas que aquí van atopar todos os domingos do ano, ou en calquera outra xornada”.
A concelleira de Turismo, Marta Saiz, contou que “presentamos hoxe a imaxe da nova edición do Ribadeo Indiano, evento no que levamos traballando dende hai varios meses coa ilusión de seguir a mellorar e espallar polo mundo adiante o que se ten convertido nunha das referencias fundamentais do verán”.
A edil ribadense dixo que “unha nova edición, este ano dedicada á alma de dous mundos. Con esta temática tentaremos plasmar a realidade que se vivía aos dúas marxes do Atlántico, e dar a coñecer e á vez valorar o legado que a emigración deixou na nosa sociedade: un importante patrimonio arquitectónico, tanto en arquitectura doméstica como pública (escolas, casinos, cinemas, cemiterios, fontes, igrexas etc), e unha influencia nas sociedades da época, na industrialización, o comercio, a moda, os costumes, a gastronomía…”.
... leer másLa Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios y Autónomos (ACISA) de Ribadeo felicita al Parador de Turismo por haber ganado, con sus tapas salada y dulce, la décimo octava edición del concurso gastronómico Ribadeo de Tapeo.
Desde la directiva de ACISA señalan: “queremos felicitar a todos los premiados en el Ribadeo de Tapeo 2024, organizado por el Concello, en especial a nuestros asociados. Las tapas del Parador de Turismo han sido elegidas por un jurado profesional como las mejores de esta edición, tanto en la versión dulce como en la salada. El segundo premio ha sido para otro establecimiento miembro de ACISA, Ramonita; y además recibió una mención especial Kalpa Amodiño, también asociado nuestro. Felicidades a todos y les animamos a seguir trabajando en esa línea”.
Y añaden que “en la creación de cada...
leer más












