Conservatorio

Etiquetas:
23/05/2025

O Coro da Aula de Adultos do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro dará un concerto na igrexa das Concepcionistas viveirense este sábado, día 24 de maio ás 20:30 horas.

O Conservatorio de Viveiro anuncia que nesta actuación o coro ofrecerá “un repertorio variado, que abrangue dende versións BSO ata a música pop”.

19/05/2025

O Conservatorio Profesional de Música de Viveiro dá comezo este martes, día 20 de maio, ao seu ciclo de concertos de fin de curso, que seguirá os días 23 e 24 de maio e prolongarase ata finais de xuño. “Un mes cheo de música, talento e emoción, con actuacións repartidas por distintos espazos da vila”, anuncia o Concello de Viveiro.

Este martes, 20 de maio, haberá concerto da Banda do Conservatorio no salón de actos do propio centro ás 19:45 horas.

O venres 23 de maio o Grupo de Gaitas do Conservatorio ofrecerá unha actuación nas rúas de Viveiro ás 18:30 horas.

E o sábado 24 de maio o Coro de Adultos do Conservatorio actuará na Igrexa das Concepcionistas ás 20:30 horas.

25/04/2025

O Concello de Viveiro, en colaboración co Conservatorio de Música, organizará en maio un curso gratuíto para adultos que desexen iniciarse na música.

O prazo de inscrición permanecerá aberto entre o luns 28 e o mércores 30 de abril. Os interesados poden apuntarse na Secretaría do Conservatorio ou a través do número de teléfono 982.560.486.

17/12/2024

O Conservatorio de Música de Viveiro ofrece concertos na cidade do Landro os días 18, 19 e 20 de decembro

O Concello de Viveiro anuncia que “o Conservatorio Profesional de Música de Viveiro segue coa súa programación de audicións e concertos deste mes. O Concello de Viveiro convida á veciñanza a asistir aos concertos que se celebrarán esta semana en diferentes puntos do municipio. Este mércores, día 18 de decembro, será a quenda de guitarra e piano e o xoves 19, de saxofón e piano, en ambos casos ás 19:30 horas no Conservatorio. O venres 20 rematará a programación co pasarrúas do grupo de gaitas ás 18:00 horas e o concerto da Orquestra de Corda e o Coro Lois Tobío ás 20:30 horas na igrexa de Santa María”.

02/12/2024

O Conservatorio Profesional de Música de Viveiro celebra as primeiras Xornadas de Violonchelo do 4 ao 9 de decembro.

As actividades comezarán o mércores día 4 ás 19:00 horas cun concerto de violonchelo e piano en colaboración coa Asociación de Violonchelistas de Galicia.

O venres 6 ás 10:30 horas haberá un Obradoiro de iniciación ao violonchelo. Está pensado para nenos e nenas de 7 a 13 anos que queiran descubrir o violonchelo. A actividade é gratuíta, con prazas limitadas. É imprescindible inscribirse a través do teléfono 622.933.307 (chamada ou WhatsApp). E ás 12:00 horas terá lugar un concerto co grupo de violonchelos do CMUS de Viveiro.

As actividades rematarán o luns 9 ás 19:00 horas cun concerto de violonchelo e piano en colaboración coa Asociación de Violonchelistas de Galicia.

25/06/2024

O Concello de Viveiro anuncia unha xornada de portas abertas que o Conservatorio Profesional de Música organiza para este xoves, día 27 de xuño.

A xornada está dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 8 e os 14 anos, poderán probar os instrumentos e non é necesario anotarse, bastará con acercarse ao conservatorio en horario de 16:30 a 18:30 horas.

“Para o Concello de Viveiro, o ensino musical desde idades moi temperás é unha prioridade, polo que animamos a participar nesta xornada”, sostén a alcaldesa, María Loureiro.

Para máis información sobre a xornada pódese acudir á secretaría do centro ou chamar ao teléfono 982.56.04.86.

Por outra parte, o Conservatorio informa tamén de que se amplía o prazo para os alumnos que desexen matricularse en 1º de...

leer más