Tempo Libre

Etiquetas:
03/06/2026

O Concello de Cervo vén de abrir a convocatoria para un curso de monitor de tempo libre que se enmarca no programa Avívate en Cervo IX, dirixido a mozos e mozas maiores de 18 anos. Desenvolverase entre o 6 de xullo e o 18 de agosto e as prazas son limitadas.

A iniciativa, que será totalmente gratuíta para as persoas participantes, ten como finalidade “ofrecer unha formación especializada que permita ampliar as posibilidades de acceso ao mercado laboral, especialmente no ámbito do lecer educativo e da animación sociocultural”, explica o Concello de Cervo.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, destacou a importancia de seguir promovendo este tipo de accións formativas destinadas á mocidade: “desde o Concello queremos facilitar recursos que axuden aos nosos mozos e mozas a adquirir novas competencias e ferramentas que...

leer más
Etiquetas:
08/06/2025

O Concello de Cervo vén de abrir a convocatoria para un curso de monitor de tempo libre que se enmarca no programa Avívate en Cervo VIII, dirixido a rapaces e rapazas maiores de 18 anos. Comezará o 1 de xullo e desenvolverse ata o 13 de agosto e as prazas son limitadas. As persoas interesadas en participar xa poden inscribirse na Casa da Cultura ata o 23 de xuño.

O curso, que é de balde, tivo unha gran acollida en anteriores edicións, tal e como sinala a alcaldesa, Dolores García Caramés, polo que “apostamos por seguir ofrecéndolle á nosa mocidade esta ferramenta formativa que contribúe a dotalos da motivación e das habilidades precisas para o seu futuro, co obxectivo de contribuír a mellorar a súa empregabilidade e as súas oportunidades laborais no ámbito do lecer educativo nun mercado laboral cada vez máis competitivo”.

... leer más
Etiquetas:
28/06/2024

O Concello de Cervo convoca un curso de monitor de tempo libre para incidir na mellora da empregabilidade da mocidade. Comezará o 8 de xullo e as prazas son limitadas. Enmárcase no programa Avívate en Cervo VII, dirixido a rapaces e rapazas maiores de 18 anos. As persoas interesadas en participar xa poden inscribirse na Casa da Cultura ata o 5 de xullo.

O curso, que é de balde, tivo unha gran acollida en anteriores edicións, tal e como sinala a alcaldesa, Dolores García Caramés, polo que "apostamos por seguir ofrecéndolle á nosa mocidade esta ferramenta formativa “que contribúe a dotalos da motivación e das habilidades precisas para o seu futuro, co obxectivo de contribuír a mellorar a súa empregabilidade nun mercado laboral cada vez máis competitivo”.

Etiquetas:
11/04/2024

O Centro de Formación Ocupacional do Concello de Burela vai impartir desde este mes de abril un curso de “Dinamización de actividades de tempo libre, educativo, infantil e xuvenil”, dentro da programación de accións formativas dirixidas a persoas desempregadas do plan formativo para o emprego da Comunidade Autónoma de Galicia. 

Este curso permite o obtención do certificado de profesionalidade que acredita o conxunto de competencias profesionais para o desenvolvemento da profesión no ámbito laboral.

Dentro da súa programación contempla un período de prácticas profesionais en empresas. As persoas que participen teñen acceso a un conxunto de axudas e bolsas para a súa realización.

“Trátase dunha actividade de formación para impulsar a empregabilidade e a inserción laboral dos nosos veciños e...

leer más
Etiquetas:
21/06/2023

A iniciativa enmárcase no programa “Avívate en Cervo VI” e está dirixida á rapazada maior de 18 anos

A inscrición é de balde, o prazo remata o 29 de xuño e as prazas son limitadas

O Concello de Cervo vén de abrir a convocatoria para un curso de monitor de tempo libre que se enmarca no programa Avívate en Cervo VI,  dirixido a rapaces e rapazas maiores de 18 anos.

O curso,  que é de balde, tivo unha gran acollida en anteriores edicións, tal e como apunta a alcaldesa Dolores García Caramés, polo que apostamos por seguir ofrecéndolle á nosa mocidade esta ferramenta formativa “que contribúe a dotalos da motivación e das habilidades precisas para o seu futuro, co obxectivo de contribuír a mellorar a súa empregabilidade nun mercado laboral cada vez máis competitivo”.

...

leer más
Etiquetas:
18/02/2015
Ribadeo acollerá a celebración dun curso de monitor/a de actividades de tempo libre. A inscrición poderá facerse no Concello ata o 26 de febreiro.
 
O Concello, a través da OMIX, organiza un curso de monitor/a de actividades de tempo libre, que se desenvolverá durante os meses de marzo, abril e maio. A inscrición está aberta desde hoxe ao 26 de febreiro. 
O curso terá unha duración de 200 horas de formación teórico-práctica e 150 horas de prácticas. Será impartido os sábados e domingos de marzo, abril e maio en horario de 9 a 14 horas e de 16 a 21 horas na sala de xuntas do pavillón municipal de Ribadeo. Entre as cuestións que abordarán figuran: psicoloxía evolutiva, animación deportiva, educación ambiental, educación para a saúde, lexislación en tempo libre, etc. 
Ofértanse 25 prazas destinadas a persoas maiores de idade que deben ter os títulos de EXB, ESO, FP ou equivalentes....
leer más