Ruta Cabalar
A asociación Xinetes de Remourelle, do municipio de Ribadeo, organiza a súa XIII Ruta Cabalar o día 2 de maio, sábado.
Ás 10:00 horas será a saída, haberá pinchos no medio da ruta e para as 14:30 horas está programada a comida, “con colchonetas para os peques e futbolín para os mas grandes, sorteos, agasallos e moitas sorpresas, acompañado da actuación dun DJ”.
Para participar hai que inscribirse previamente e a data límite é o 29 de abril.
Trabada acollerá o vindeiro 18 de abril a celebración da I Ruta Cabalar, unha nova iniciativa organizada pola asociación Cabaleiros de Trabada, un colectivo de recente creación no municipio que conta coa colaboración do propio Concello.
O Concello de Trabada anuncia que “a xornada dará comezo ás 10:00 horas coa saída desde o colexio de Trabada e contará cun completo programa de actividades ao longo do día. Durante a ruta ofreceranse pinchos na metade do percorrido e, a partir das 13:30 horas, terá lugar unha sesión vermú. Posteriormente, ás 15:00 horas, celebrarase unha comida aberta a todas as persoas interesadas, seguida dunha tardeo con música a cargo de The Sound Project, completando así unha xornada pensada para o desfrute tanto das persoas participantes como do público en xeral. O prezo da comida será de 30 euros para adultos e 16...
leer másA Asociación Equina A Medela, de Xove, organiza a súa 27ª Ruta Cabalar este domingo, día 15 de marzo.
As actividades comezarán ás 10:00 horas coa saída desde o Campo da Igrexa de Sumoas (Xove) e a media ruta haberá pinchos para os participantes. Ás 14:30 horas empezará un xantar na carpa situada no Campo da Igrexa de Sumoas, que estará amenizado por un grupo musical. Tamén haberá sorteo de agasallos entre os asistentes á ruta. Para participar hai que inscribirse previamente e o prazo está aberto ata este mércores, 11 de marzo.
Nesta actividade colabora o Concello de Xove.
O colectivo Xinetes de Remourelle (Ribadeo) organiza a décimo segunda edición da súa ruta cabalar que se celebrará este sábado, día 3 de maio.
A saída do percorrido a cabalo está prevista para as 10:00 horas, haberá pinchos no medio da ruta e ás 14:30 horas comezará a comida. Haberá colchonetas, futbolín, sorteos, agasallos e actuación dun DJ.
O concello de Cervo será o escenario o domingo 13 de abril da II Ruta Cabalar organizada pola asociación Cabaleiros da Bidueira, coa colaboración do Concello de Cervo. A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés; polo edil de Zona Rural, Adrián Arias, e por unha representación dos membros da asociación organizadora no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos.
A saída está prevista para as 10:00 horas desde o pavillón de San Román; haberá aperitivo para os participantes á metade da ruta, que será duns 15 quilómetros aproximadamente; sesión vermú e baile no polideportivo da man de Disco Móbil Conxuro; e xantar a base de paella, costela asada, sobremesa, bebida e chupito. O prezo será de 26 euros para os adultos e de 13 euros para os nenos, e poden asistir tanto os participantes da ruta como o resto de persoas que o desexen, con ou sen cabalo...
leer másEste martes foi presentada a vixésimo sexta edición da ruta cabalar que vai ter lugar o vindeiro domingo, día 16 de marzo, por diferentes paraxes do concello de Xove e que cada ano organiza a Asociación Equina A Medela. No acto participaron o presidente da asociación, Leandro Quelle, acompañado polo alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Agricultura, Gandería e Montes, María Dolores Meitín.
As actividades empezarán ás 10:00 horas cunha ruta que sairá do campo da igrexa de Sumoas, onde ás 14:30 horas terá lugar un xantar. Tamén haberá sorteo de agasallos.
Para participar hai que inscribirse e o prazo remata este xoves, 13 de marzo.
A quinta Ruta Cabalar de Viveiro celebrarase este sábado, 28 de setembro, organizada pola Asociación de Cabaleiros do Landro coa colaboración do Concello de Viveiro.
“Máis de cen cabalos participarán nesta bonita iniciativa, saíndo do pavillón e pasando pola ponte e a avenida de Cervantes o sábado pola mañá”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
A xornada, que comezará ás 09:30 horas, inclúe un paseo turístico polos montes de San Roque e unha comida na carpa instalada no pavillón municipal de deportes, amenizada coa música da Disco Móbil Conxuro.









