Caxoto
O Concello de Barreiros anuncia: “o domingo 13 de xullo ás 19:00 horas na carpa da festa de Vilamarín Grande temos una cita con Caxoto Díaz Valle, de A trastenda dos contos”.
“Este contador de historias vén cargado de humor e desta volta tráenos a Vilamartín o espectáculo titulado Contos con mar de fondo. Aínda que nunca se afastou da costa máis dunha milla mar adentro, Caxoto é un home de mar, cando menos filoxeneticamente. Bisneto, neto e fillo de armadores e mariñeiros, o mar corre polas súas veas e a súa memoria dende o mesmo momento de nacer. Ao longo da súa traxectoria como narrador oral Caxoto foi atesourando un rico repertorio mariñeiro de contos, lendas, anécdotas e feitos históricos que agora decidiu enfiar neste espectáculo de narración oral. Un espectáculo para os cinco sentidos cheo de salitre, mar picada e vento...
leer másO narrador e músico Caxoto presentará o seu espectáculo titulado “Grandes éxitos: 2004-2024” este sábado, día 5 de outubro, ás 18:00 horas na Casa da Cultura de Burela.
É unha actuación incluída na programación cultural do Concello de Burela, que organiza, dentro do programa Ler Conta Moito, diferentes actividades para promover a lectura. Todas elas son de balde e aptas para un público infantil e familiar e teñen lugar os sábados na Casa da Cultura de Burela.