Tarabela Creativa
Este venres, día 9 de outubro, ás 21 horas na Casa da Cultura de Burela estrearase a comedia da compañía teatral lucense Tarabela Creativa titulada O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger.
En coprodución co Concello de Burela, a obra, escrita por Carmen Conde, quen tamén estará no elenco xunto a Xosé Manuel Esperante e Fran Lareu, conta coa dirección de Avelino González.
Tarabela Creativa explica que “a trama xira arredor da figura do pai da autora, especialista en pegadas dactilares da Xudicial dende os anos oitenta, destinado en Burela durante máis dunha década. Máis tamén fala de toda unha investigación dunha serie de delitos que poñen enriba da mesa unha cuestión: calquera persoa, chegado o momento, pode ser delincuente. A compañía cumprirá tres semanas de ensaios en Burela ata a estrea, contando...
leer másO salón de plenos do Concello de Burela acolleu este mércores a presentación da obra teatral titulada O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger, unha coprodución entre Tarabela Creativa e o propio Concello que se estreará o día 9 de outubro en Burela. No acto participaron representantes do Concello e da compañía, que deron a coñecer a nova proposta escénica que mestura humor, memoria e identidade e que mantén unha estreita vinculación con Burela.
A concelleira de Cultura, Lina Gómez, explicou que "é unha satisfacción poder presentar un proxecto como este, no que levamos tempo traballando con Tarabela Creativa, unha compañía que xa coñece ben Burela”. Sinalou que nesta ocasión decidiron dar “un paso máis” apostando por unha coprodución dunha obra “moi especial e moi ligada á vila polo seu protagonista e pola historia que conta...
leer másO Concello de Cervo anuncia: “esta ponte festiva temos teatro da man de Tarabela Creativa”. Representará a obra titulada Vaites, rapariga!. Será este sábado, día 7 de decembro, na Casa da Cultura, en San Ciprián, ás 19:00 horas.
É unha representación teatral para maiores de 16 anos.





