Mago Antón

Etiquetas:
11/07/2025

O Mago Antón presenta o día 14 de xullo, luns, en Viveiro o espectáculo co que celebra os seus 50 anos sobre os escenarios. Será nos Xardíns Noriega Varela en catro funcións: ás 13:00, ás 17:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. En cada unha delas a capacidade é de 70 prazas e a entrada é de balde.

O Concello de Viveiro anuncia que “o Mago Antón celebra no Magomóbil os seus 50 anos sobre os escenarios cun espectáculo que reúne as súas mellores interpretacións e novas ilusións, explorando sempre os límites do imposible”.

16/12/2024

Burela acolle o espectáculo 'Mil maxias máis', do Mago Antón. Haberá funcións o sábado 21 de decembro ás 13:00, ás 17:00, ás 18:00, ás 19:00 e ás 20:00 horas.

Terán lugar no Magomóbil, que estará instalado na praza do Concello. Serán totalmente de balde, cun límite de 70 persoas por sesión.