A Subela
A asociación folclórica e cultural A Subela, de Foz, organiza o XXIV Festival Aires do Masma na vila focega este sábado, día 19 de xullo. Será ás 21:00 horas na Praza Conde de Fontao. Ademais do colectivo anfitrión actuará o grupo Axeigo, formación lucense de música tradicional galega.
“O cartel deste ano é moi especial xa que na imaxe empregada podemos ver ás bailadoras da Subela. A imaxe é un cadro pintado por Mariangel Leal a partir dunha foto tomada polo seu irmán, José Ramón Leal. Queremos darlles as grazas por deixarnos empregar esta fermosa imaxe que tanto nos gusta”, explica A Subela.
A Asociación Folclórica Cultural A Subela, de Foz, organiza a décimo quinta edición do seu Festival de Nadal este sábado, día 21 de decembro. Será ás 17:30 horas na Sala Bahía e actuará o grupo Asubíos da Chaira, de Cospeito.
A entrada para asistir ao festival consistirá na doazón de alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos de Foz.
Ao remate haberá chocolate con biscoito.