cantareiras
O Concello de Cervo convida á veciñanza e visitantes a asistir á II Mostra de Cantareiras/os de Cervo, que se celebrará este sábado, día 11 de outubro, ás 18:30 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello.
Esta actividade forma parte dos actos conmemorativos do 50 aniversario da Asociación Cultural Airiños do Xunco, “unha entidade de referencia no municipio e na comarca que leva medio século traballando de xeito incansable na dinamización cultural e na preservación das tradicións musicais galegas”, destaca o Concello de Cervo.
Na mostra participarán A.C. Amado Lar (O Valadouro), A.C. Troula do Ortegal (Ortigueira), A.F. Arco da Vella (San Miguel de Reinante) e as anfitrioas Cordenaia (Cervo), que se xuntarán “para ofrecer unha tarde chea de música tradicional galega e de reivindicación do papel das cantareiras/os...
leer másCon motivo do Día das Letras Galegas o Concello de Alfoz organiza un certame de narración e debuxo e un evento que se celebrará o día 17 de maio.
O Concello de Alfoz anuncia: “está aberto o prazo para participar no Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2025. Se es nena ou neno empadroado en Alfoz ou estudas no CEIP Castro de Ouro ou no IES Alfoz-Valadouro, esta é a túa oportunidade. Entrega de traballos, ata o 12 de maio, no colexio ou na Biblioteca Pública de Alfoz”. As persoas interesadas poden obter máis información chamando ao teléfono 982.571. 270. O tema é Ler con coñecemento e hai tres categorías: ata 8 anos, de 9 a 11 anos e de 12 a 16 anos”.
E o día 17 de maio, sábado, ás 19:00 horas celebrarán o Día das Letras Galegas na Casa da Cultura de Alfoz cunha homenaxe á tradición oral,...
leer más




