Corporacións
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo anuncia que colabora, un ano máis, na organización do San Xoán, do barrio das Corporacións, en Foz. O deputado provincial de Mocidade, Daniel García, participou na presentación desta celebración popular, organizada pola asociación Pe do Molete, que se celebrará o 23 de xuño. O evento comezará ás 13:30 horas co pregón de José Antonio Neira (Chichita) e manterase durante toda a tarde e noite até o encendido da fogueira, cunha representación do colectivo cultural focense O Feitizo arredor do simbolismo desta data e coa actuación da charanga ourensá Los Támega.
Daniel García valorou “o traballo da asociación organizadora, que con esta xornada festiva reúne a veciñanza nunha data como o San Xoán, con ritos e tradicións que forman parte da nosa tradición e patrimonio cultural”.
A participación no programa do San Xoán...
leer másO luns 23 de xuño en Foz o San Xoán celebrase da man da asociación Pé do Molete, coa colaboración do Concello de Foz e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O barrio das Corporacións, coma cada ano, terá a súa fogueira e haberá animación durante todo o día. O pregón darao Juan Prendes Menéndez, máis coñecido en Foz como Juanry, ás 13:30 horas. Logo haberá paella e á noite churrasco, chourizos e queimada coa tradicional fogueira. A xornada estará amenizada pola batukada Kombarullo, O Feitizo, Dj da casa e Festicultores.
“Dende o Concello de Foz queremos agradecer a boa disposición das asociacións coma Pé do Molete que continúan coas tradicións dos barrios do pobo”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, indica que “a de San Xoán é unha noite máxica que dá inicio ao...
leer más




