Lîlâ Teatro
        27/09/2025  
  
    
  Volven as actividades do programa Ler Conta Moito ao O Vicedo, nesta ocasión cunha actividade da compañía Lila Teatro, de Lugo, presentando Contos de Caverna. Será o martes 30 de setembro nun horario adaptado aos nenos e nenas de Primaria, ás 17 horas, na Casa da Cultura do Vicedo.
Esta obra trata de “dous vellos rechonchos e divertidos que pasan o seu tempo enredando con aqueles contos que aprenderon cando eran novos. Algúns son lendas, outros historias que aconteceron na realidade e do resto descoñecen a orixe”.
        13/06/2025  
  
    
  Este domingo, día 15 de xuño, ás 19:30 horas, o grupo Lîlâ Teatro presentará a súa nova obra, titulada Abra da Cabra, no auditorio mindoniense.
É unha actividade organizada pola asociación cultural O Pasatempo, de Mondoñedo.
 
        



