A Frouxeira

26/07/2025

A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o día 9 de agosto, sábado, unha ruta desde a parroquia focega de San Martiño ata A Frouxeira. A saída será ás 09:00 horas desde a capela do Carme.

O prazo para anotarse remata o 8 de agosto e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, que é de 15 quilómetros e con dificultade media, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo.