molde do faro
O venres 24 de outubro o Concello de Burela celebrará a inauguración do Molde do Faro, unha intervención artística e patrimonial que pon en valor a memoria mariñeira e a identidade colectiva da vila.
A estrutura metálica, reparada e instalada no paseo da Marosa, forma parte do proxecto O Espello do Faro, promovido polo Concello de Burela no marco da iniciativa Burela Alumea, que conta co financiamento do FEMPA a través do GALP A Mariña-Ortegal.
O Concello de Burela explica que “o molde, empregado na reparación do Faro de Burela tras o temporal de 2014, converteuse nun elemento simbólico para a veciñanza. Agora, recobra nova vida combinándose coa intervención artística de David Catá, titulada La piel del mar, que transforma o conxunto nun espazo patrimonial onde se entrelazan tradición, arte...
leer másO artista mariñán David Catá resultou gañador do concurso MoldeArte, convocado polo Concello de Burela, co obxectivo de seleccionar unha intervención artística para o molde do faro, no marco do proxecto Burela Alumea - O Espello do Faro. A decisión foi tomada polo xurado reunido o pasado 18 de xullo na Casa do Concello.
O Concello de Burela explica que “a proposta seleccionada, titulada La piel del mar, articula unha intervención que combina memoria, corpo, música, pintura e fotografía, coa intención de crear un espazo simbólico que conecte a comunidade co seu entorno mariñeiro desde unha perspectiva artística e contemporánea. O concurso enmárcase dentro da aposta estratéxica do Concello pola valorización do patrimonio marítimo pesqueiro local, coa intención de converter o molde do faro de Burela nun novo punto de...
leer más




