Fútbol 3x3
12/08/2025
Os días 18 e 19 de agosto, luns e martes, celebrarase na Praza da Mariña o torneo de fútbol 3x3 Concello de Burela. Os partidos xogaranse a partir das 20:00 horas.
As inscricións faranse na Casa da Xuventude ata o 18 de agosto, de 8 a 13horas, anuncia o Concello de Burela, que explica: “por motivos do seguro de accidentes non se admitirán inscricións fóra de prazo. Se a climatoloxía non acompañara a actividade trasladarase ao Pavillón de Os Castros”.
Para máis información as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 982.581.141.