coro e banda
21/08/2025
O coro e a banda da escola de música Ao Compás do Río Ouro ofrecerán un concerto este venres, día 22 de agosto, en Ferreira do Valadouro. Será na Praza de Santa María ás 20:00 horas.
“Estaremos o próximo venres 22 de agosto na praza Santa María, no Valadouro, ás 20:00 horas tocando e cantando. Se queredes pasar unha velada agradable, non o dubidedes e vinde”, anuncia a escola de música Ao Compás do Río Ouro.