Ítaca Teatro
11/09/2025
O venres 19 de setembro ás 21:00 horas hai unha cita co teatro en Burela. A Casa da Cultura acolle a representación da obra titulada Profetas, “a nova creación de Ítaca Teatro, unha peza meta-teatral que nos fará viaxar entre realidade e ficción. Un reencontro, tres cidades (Compostela, Mosul e Venecia) e moitas preguntas sobre o amor, a arte e o compromiso co mundo que habitamos”, anuncia o concello de Burela.
A entrada é de balde.