Feira do Mel
Muras celebra esta fin de semana a Feira do Mel de Montaña, un evento centrado na promoción da calidade das producións locais que chega este ano á décima edición. O deputado provincial de Rural, Daniel García, e o alcalde de Muras, Manuel Requeijo, acompañados polas concelleiras Paula Gómez e Azucena Camba e polos responsables da Casa do Mel de Goente, Isabel Goti e Manuel Ferreira, presentaron o evento, organizada polo Concello de Muras coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A feira, que se celebrará na Praza do Viveiró, contará con máis dunha vintena de postos de venda de mel e doutros produtos de temporada e proximidade, entre eles sete postos de apicultores e apicultoras de Muras e da contorna, anuncia a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Manuel Requeijo valorou a década de traxectoria do evento, que “naceu...
leer másO programa da XXXVIII Feira do Mel do Valadouro inclúe actividades os días 10 e 11 de outubro, venres e sábado.
O venres ás 19:00 horas haberá o contacontos musical A abella sabelotodo, a cargo de 2Plicas na Casa da Cultura.
E o sábado ás 10:00 horas terá lugar a apertura da Feira do Mel na Praza de Santa María e nas rúas de Ferreira. Tamén se inaugurará unha exposición de colmeas cedidas pola Asociación Galega de Apicultura (Delegación de Mondoñedo) e decoradas polo alumnado dos CEIP Castro de Ouro e Santa María de Valadouro. Ás 11:00 haberá un obradoiro de velas e pulseiras a cargo de Devalo. Ás 12:00 horas a AC Amado Lar ofrecerá un pasacalles. Ás 13:00 terá lugar unha demostración e degustación de filloas con mel.
Ademais ao longo da mañá haberá degustación de café e de...
leer más




