UNO
14/10/2025
O Concello de Burela anuncia que está aberto ata o 31 de outubro o prazo de inscrición para participar nas ligas de Ping Pong e UNO. As actividades terán lugar na Casa da Xuventude de luns a xoves de 17:00 a 20:00 horas e “están dirixidas a mozos e mozas de 12 a 18 anos aproximadamente”.
As inscricións poderán facerse na Casa da Xuventude, chamando ao teléfono 982.581.141 ou a través do correo electrónico casaxuventude@burela.org.