Isabel Risco
A actriz Isabel Risco representará a comedia Nabiza Girl no municipio de Barreiros, concretamente nos Colexios Vellos de San Miguel, este sábado, día 20 de decembro, ás 19:00 horas. A entrada é de balde.
Esta actividade está organizada polo Concello de Barreiros, que anuncia: “este sábado, 20 de decembro, despedimos a programación de teatro deste último trimestre do ano cunha cita moi especial en Barreiros. Chega Isabel Risco coa súa icónica Nabiza Girl, un espectáculo cheo de humor, retranca e identidade galega: Pensabades que morrera, pero estaba de parranda! A máis importante superheroína galega está de volta, máis poderosa ca nunca, superando adversidades e aturuxando dende o cumio do Pindo. Nesta nova aventura, Nabiza Girl chega acompañada do seu fiel escudeiro Don Galizo para loitar contra as inxustizas e os problemas que asolagan a nosa terra. Isabel...
leer másO Teatro das Cortes, que está no lugar de Xestoso, en Cabanas (O Vicedo), organiza unha tarde de maxia e teatro este sábado, día 8 de novembro. As actividades comezarán ás 18:30 horas cunha actuación do Mago Antón. E ás 20:00 horas a actriz Isabel Risco presentará o espectáculo titulado Nabiza girl: o estraño caso da cultura minguante.
A entrada é de balde.




